DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 12 de maio de 2026 Páx. 27732

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 24 de abril de 2026 polo que se notifica a visita de inspección para a toma de datos no expediente de reposición da legalidade urbanística 107 B 2005 73-0.

Mediante a Resolución do 22 de xullo de 2021, o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (en diante, APLU) acordou dispoñer a execución subsidiaria, con cargo á/ás persoa/s obrigada/s e aos seus habentes causa, da orde de demolición e a reposición dos terreos ao estado anterior, recollida na Sentenza 201/2017, do Xulgado do Penal número 5, da Coruña, recaída no xuízo oral 388/2015, en cumprimento da executoria 282/2019, que encomenda ao Servizo Técnico da APLU todas as actuacións necesarias para dar cumprimento á executoria.

Para poder dar continuidade ás actuacións de execución, e por resultar determinante para a redacción do proxecto técnico de demolición, vaise realizar unha visita de inspección ás obras, situadas en Penaloureira-Rutis, no termo municipal de Culleredo, o 2 de xullo de 2026, ás 9.00 horas, para a toma de datos.

Ao non poderse realizar a notificación persoal da visita ás persoas interesadas con DNI 21383060Y, 32807051N, 01437473L, aos herdeiros da persoa interesada con DNI 32153009K, aos herdeiros da persoa interesada con DNI 00047759B, aos herdeiros da persoa con DNI 02422400V e ás sociedades limitadas con CIF B15729064, B70111836 e B87488805, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a dita visita por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, e quedan convocados no vento oeste da parcela catastral 15031A012004550000OT e deben facilitar o acceso ás parcelas e edificacións das que son propietarias.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles ás persoas interesadas que o texto íntegro da visita de inspección que se notifica, acordada no dito expediente, atópase á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste, e lles sirva de notificación ás persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística