DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 12 de maio de 2026 Páx. 27743

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal número 11 na Telleira.

Aprobada inicialmente, mediante o Acordo do Pleno do 26 de xaneiro de 2026, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Salvaterra de Miño nº 11 na Telleira.

De conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses, contado desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes.

Salvaterra de Miño, 19 de febreiro de 2026

Marta Valcárcel Gómez
Alcaldesa