DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 12 de maio de 2026 Páx. 27744

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Soutomaior

ANUNCIO do 20 de abril de 2026 de notificación dos procedementos de orde de execución relativos á xestión da biomasa.

De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentáronse sen efecto as notificacións dos actos que se indican por causas non imputables á Administración.

Ao non ser posible efectuar a comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, ás persoas titulares das parcelas que se relacionan a seguir, por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, fanse públicas as comunicacións de xestión da biomasa.

Acto que se notifica

Referencia catastral

polígono/parcela

Localización

Interesado/a

Persoa responsable

Orde de execución (exp. 399/2026)

Resolución de inicio O.E. do 5/3/2026

36053A01700021

(polígono 17, parcela 21)

Monte La.

Soutomaior

Herdeiros de Ramón Barreiro Lorenzo

Orde de execución (exp. 134/2026)

Resolución de inicio O.E. do 6/2/2026

36053A01403204

(polígono 14, parcela 3204)

Calveiras

Soutomaior

Herdeiros de Manuela Pérez Alcalde

Orde de execución (exp. 2073/2025)

Resolución de inicio O.E. do 20/2/2026

36053A01400112

(polígono 14, parcela 112)

Balmonte-Negueirós

Soutomaior

En investigación

Orde de execución (exp. 2071/2025)

Resolución de inicio O.E. do 6/3/2026

36053A01400110

(polígono 14, parcela 110)

Negueirós

Soutomaior

Felisa Míguez S-S (sen segundo apelido)

Orde de execución (exp. 1551/2025)

Resolución de inicio O.E. do 18/2/2026

36053A01501586

(polígono 15, parcela 1586)

Campo Soutomaior

Herdeiros de María Sobral Martínez

Orde de execución (exp. 963/2024)

Resolución de inicio O.E. do 20/2/2026

36053A01700354

(polígono 17, parcela 354)

Pedreira

Soutomaior

Descoñecido/a

En virtude do que antecede, comunícaselle que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE.

Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que sirva de notificación á persoa interesada, para cuxo fin se lle comunica que tanto a notificación como o expediente se atopa á súa disposición no Concello de Soutomaior (rúa de Alexandre Bóveda, 13, 36690 Soutomaior, Pontevedra). Igualmente poderá acceder a través da sede electrónica desta entidade.

Considerando que o artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resultase infrutuosa a notificación da comunicación efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia dos datos catastrais da parcela.

O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, e repercutirán os custos ás persoas responsables.

Ademais, o artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria de xestión da biomasa nas redes de faixas secundarias de xestión.

Soutomaior, 20 de abril de 2026

Manuel Antonio Lourenzo Sobral
Alcalde presidente