DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 12 de maio de 2026 Páx. 27727

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 24 de abril de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifican os acordos de inicio de varios expedientes de extinción de concesións de augas (expediente DH.A15.29447 e oito máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os acordos de inicio de expedientes de extinción de concesións de augas, por ter expirado o prazo concesional, ditados no expediente DH.A15.29447 e oito máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo de dez (10) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

Data do acordo

DH.A15.29447

Pilar Sabugueiro Bargo

27.2.2026

DH.A36.15024

Carmen Comedeiro Otero

27.2.2026

DH.A36.15719

Luis Cerviño Piñeiro

27.2.2026

DH.A36.16963

Manuel Val Taboada

27.2.2026

DH.A15.21359

Manuel Cao González

27.2.2026

DH.A15.22133

Josefa García Mato

27.2.2026

DH.A15.18823

Mª Carmen Junqueira Souto

27.2.2026

DH.A15.24351

Isidro Morujosa Buján e José Ramón Mosteiro Diéguez

27.2.2026

DH.A15.24373

María Mercedes Tojo Lamas

27.2.2026