DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Martes, 12 de maio de 2026 Páx. 27725

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 15 de abril de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública unha solicitude de concesión de augas no concello de Cerdedo Cotobade (expediente DH.A36.116347).

En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: David López Díaz, en representación da Comunidade de Usuarios da Urbanización A Carballeira.

Expediente: DH.A36.116347.

Volume total anual: 2.144,70 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 0,63 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: dous pozos situados nas parcelas 1964 e 1966 do polígono 63 do Catastro de Cerdedo Cotobade.

Lugar: A Arrotea.

Parroquia: Almofrei.

Concello: Cerdedo Cotobade.

Descrición:

A auga dos pozos bombéase a un depósito na parcela 1966, polígono 63, desde o que se distribúe ás vivendas que abastece a Comunidade no lugar da Arrotea.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira, 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

Vigo, 15 de abril de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur