En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Comunidade de Usuarios Barrio de Areeiros.
Expediente: DH.A36.116000.
Volume total anual: 23.109,30 m³/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,13 l/s.
Destino: abastecemento.
Orixe: manancial na parcela 143 do polígono 42 do Catastro de Vilaboa.
Lugar: Vilar.
Parroquia: Santa Cristina de Cobres.
Concello: Vilaboa.
Descrición:
A auga do manancial condúcese a un depósito na parcela 387, polígono 55, do que parte a rede distribución ás vivendas que abastece a Comunidade.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa López de Neira 3, oficina 403, 36202 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.
Vigo, 31 de marzo de 2026
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur
