DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 13 de maio de 2026 Páx. 28032

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas II para a selección e contratación de persoal temporal nas categorías profesionais de enxeñaría de montes, enxeñaría técnica forestal, capataz, xefe/a de brigada, peón/peoa especialista e peón/peoa.

A Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. anuncia a convocatoria e as bases específicas II para a selección e contratación de persoal temporal, a partir do sistema de listas previas, nas categorías profesionais de enxeñaría de montes, enxeñaría técnica forestal, capataz, xefe/a de brigada, peón/peoa especialista e peón/peoa.

As bases están expostas na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita en polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2026

Pablo Arbones Maciñeira
Director de Administración e Servizos Xerais
da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.