No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 78 , do 28 de abril de 2026, publicáronse as bases aprobadas mediante a Resolución do concelleiro delegado de Economía e Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Local, do 22 de abril de 2026, relativas á convocatoria do posto de vicedirector/a da Asesoría Xurídica do Concello de Santiago de Compostela.
O prazo de presentación de instancias será de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.
Santiago de Compostela, 23 de abril de 2026
A alcaldesa
P.D. (Decreto da Alcaldía do 17.6.2023)
Manuel César Vila
Concelleiro delegado de Economía e Facenda, Persoal,
Contratación e Modernización da Administración Local
