Para os efectos do coñecemento das persoas interesados, ao resultaren infrutuosos os intentos de notificación e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícaselles ás persoas interesadas sinaladas no anexo o levantamento das actas previas á ocupación e a formalización das actas de ocupación do expediente expropiatorio polas obras do proxecto de modificado 1 de mellora viaria para o fomento da mobilidade sustentable na estrada PO-323-2ª fase (Vigo), de clave PO/22/089.06.M1, no concello de Vigo, os días 22 de maio e 12 de xuño de 2026.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre bens afectados, por si mesmas ou representadas por unha persoa debidamente autorizada, exhibindo o seu DNI/NIF, así como os documentos que acrediten a titularidade que invocan.
As persoas poden consultar o expediente no Servizo Provincial de Pontevedra, sito na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 1º (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Pontevedra, 30 de abril de 2026
Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra
ANEXO
|
Predio |
Ref. catastral |
Persoa interesada |
Acto notificado |
|
42-CO1 |
6082308NG2768S |
35529836B |
Convocatoria para levantar a acta previa á ocupación na data seguinte: 22 de maio de 2026, ás 9.00 horas. Convocatoria para formalizar a acta de ocupación na data seguinte: 12 de xuño de 2026, ás 9.00 horas. |
|
43-CO1 |
6082307NG2768S |
35529836B |
Convocatoria para levantar a acta previa á ocupación na data seguinte: 22 de maio de 2026, ás 9.00 horas. Convocatoria para formalizar a acta de ocupación na data seguinte: 12 de xuño de 2026, ás 9.00 horas. |
