DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 13 de maio de 2026 Páx. 28024

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANUNCIO do 27 de abril de 2026, do Servizo de Consumo de Pontevedra, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no requirimento 36R001/R-MMB/66/2026 (expediente 36R001/2477/2023).

De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e no artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias, logo de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015 sen que esta se puidese efectuar, emprázase á persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Inspección de Consumo de Pontevedra.

A comparecencia deberá efectuarse, con cita previa, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante o Servizo de Consumo de Pontevedra, con enderezo na avenida Mª Victoria Moreno, 43, 36071 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 27 de abril de 2026

Alfonso Diéguez García
Xefe do Servizo de Consumo de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36R001/2477/2023.

Interesado/a: CIF/NIF: 53106866G.

Acto notificado: requirimento da Inspección de Consumo 36R001/R-MMB/66/2026.