DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 13 de maio de 2026 Páx. 27997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 24 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 73/2026, en relación coa Resolución do 11 de decembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso ao corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo B, especialidade bombeiro/a forestal-xefe/a de brigada, e ao corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, de bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba e bombeiro/a forestal.

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantas persoas aparezan como interesadas no recurso contencioso-administrativo PO 73/2026, en relación coa Resolución do 11 de decembro de 2025 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos para o acceso ao corpo de técnicos/as de carácter facultativo, escala técnica do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo B, especialidade bombeiro/a forestal-xefe/a de brigada, e ao corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de auxiliar do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais, subgrupo C2, nas especialidades de emisorista/vixilante fixo/a, de bombeiro/a forestal-condutor/a de motobomba e bombeiro/a forestal.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a achega dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos á referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal