En cumprimento do disposto no artigo 53 do Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas, faise público que esta dirección territorial, o 23 de abril de 2026, resolveu inscribir no Rexistro de Cooperativas o acordo de modificación total dos estatutos sociais da entidade Gandeiros de Xallas e Barcala, S. Coop. Galega, acordada na asemblea xeral celebrada o 15 de decembro de 2025. O novo obxecto social é a realización de todo tipo de operacións encamiñadas ao mellor aproveitamento das explotacións das súas persoas socias, dos seus elementos ou compoñentes, e da cooperativa, e a mellora da poboación agraria e do desenvolvemento do medio rural, así como a atender calquera outro fin ou servizo que sexa propio da actividade agrícola, gandeira ou forestal ou se relacione directamente con ela.
A Coruña, 23 de abril de 2026
Juan José Couce Prego
Director territorial da Coruña
