Expediente: IN407A 2025/181-1.
Promotora: Aguas de las Cuencas de España, S.A. (Acuaes).
Denominación do proxecto: LMTS, CS, rúa Oliveiras, s/n, parque empresarial Novo Milladoiro.
Concello: Santiago.
Feitos:
1. O día 2.10.2025, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada. Co obxecto de dotar de subministración a EDAR de Silvouta, sita no concello de Santiago de Compostela, proxéctase a instalación dun centro de seccionamento, que se instalará no polígono industrial do Milladoiro, e unha liña soterrada de media tensión que o conectará coa liña de distribución de media tensión SNT832 polígono do Milladoiro (IN407A 2016/2384-1), procedente da subestación Santiago.
Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado LMTS, CS, rúa Oliveiras, s/n, parque empresarial Novo Milladoiro, asinado o día 13.2.2026 por Antonio Javier Sabín Vázquez, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, núm. colexiado 2.233.
2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
3. Non se solicitou o informe preceptivo a ningunha Administración, organismo nin empresa de servizo público ou de interese xeral, por non existiren afectacións.
4. O día 30.4.2026 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas.
Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
Segunda. Lexislación de aplicación.
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
Terceira. Características técnicas.
As instalacións obxecto deste expediente están situadas no polígono industrial do Milladoiro (rúa Oliveira, s/n), concello de Ames, e as súas características técnicas son as seguintes:
• LMTS (actuación 1) a 20 kV, de 22 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) mm2 Al, con orixe no CT polígono do Milladoiro 3 (15CNN2) e remate no CS proxectado.
• LMTS (actuación 2) a 20 kV, de 17 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3x(1x240) mm2 Al, con orixe no CS proxectado e remate nos empalmes que se realizarán na LMTS SNT832 polígono do Milladoiro (IN407A 2016/2384-1), procedente da subestación Santiago, en arqueta existente que se vai realizar en fronte do CT polígono do Milladoiro 3, nun punto situado entre dito CT e o CS Maderas Amazonas (15 CGTX).
• CS compacto prefabricado de manobra exterior, en configuración 3L (2TC)+SS.AA, que se instalará no polígono industrial do Milladoiro (rúa Oliveira, s/n).
Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
De acordo con todo o exposto,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción para a dita instalación de distribución eléctrica.
B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.
A Coruña, 5 de maio de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
