Visto o expediente para o outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Peticionaria: Begasa.
Domicilio social: rúa Ramón María Aller Ulloa, 9, 27003 Lugo.
Denominación: Substitución de condutores LSAT 20 kV C. Blanco e Telefónica, CT (4444) S. Roque 2-CT (13444) S. Roque 3, CT (13444) S. Roque 3-CT (147) Pena do Rei, CT (147) Pena do Rei-CT (8017) S. Roque 161, CT (8017) S. Roque 161-CT (3816) P. Libertad.
Situación: concello de Lugo.
Características técnicas principais:
– Substitución do condutor existente tipo RHZ-95 da liña soterrada de alta tensión a 20 kV C. Blanco e Telefónica en canalización existente e proxectada (16 metros), con orixe nunha cela do CT S. Roque_2 (4444) existente e final nunha cela no CT S. Roque_3 (13444) existente, cunha lonxitude de 220 metros por condutor tipo HEPRZ1-240 mm.
– Substitución do condutor existente tipo RHZ-95 da liña soterrada de alta tensión a 20 kV C. Blanco e Telefónica en canalización existente e proxectada (43 metros), con orixe nunha cela do CT S. Roque_3 (13444) existente e final nunha cela no CT Pena do Rei (147) existente, cunha lonxitude de 120 metros por condutor tipo HEPRZ1-240 mm.
– Substitución do condutor existente tipo RHZ-95 da liña soterrada de alta tensión a 20 kV C. Blanco e Telefónica en canalización existente e proxectada (10 metros), con orixe nunha cela do CT Pena do Rei (147) existente e final nunha cela no CT S. Roque_161 (8017) existente, cunha lonxitude de 140 metros por condutor tipo HEPRZ1-240 mm.
– Substitución do condutor existente tipo RHZ-95 da liña soterrada de alta tensión a 20 kV C. Blanco e Telefónica en canalización existente e proxectada (101 metros), con orixe nunha cela do CT S. Roque_161 (8017) existente e final nunha cela no CT P. Libertad (3816) existente, cunha lonxitude de 150 metros por condutor tipo HEPRZ1-240 mm.
Finalidade da instalación: mellora da subministración.
Orzamento: 111.620,09 €.
Documentación que se xunta:
• Separata para o Concello de Lugo.
Este departamento territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia,
RESOLVE:
En relación coa instalación de alta tensión, conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, sen prexuízo de terceiros e con independencia das autorizacións que sexan necesarias para a execución da obra por parte doutros órganos da Administración, supeditada ao cumprimento das seguintes condicións:
Primeira. As instalacións deberán axustarse na súa execución ao disposto no citado proxecto de execución e a dirección de obra deberá levala a cabo un técnico competente.
Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.
Terceira. En todo momento deberán cumprirse as normativas e directrices vixentes que sexan de aplicación, en particular canto establecen a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.
Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En caso de resultar aplicable, en función da tipoloxía da instalación , deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) nº 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) nº 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellaxe eléctrica que empregue gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente en dereito.
Lugo, 20 de abril de 2026
Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo
