Mediante a Resolución do 13 de xaneiro de 2016, a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou dispoñer a execución subsidiaria, con cargo á persoa obrigada e os seus habentes-causa, da Resolución do 5 de novembro de 2009, mediante a demolición das obras de construción obxecto do expediente 107 B 2009 9-0.
Polo Auto 28/2026, do 31.3.2026, o Tribunal de Instancia de Ourense nº 1 da Sección do Contencioso-Administrativo (ED 181/2025) autorizou a entrada no inmoble obxecto do expediente para proceder á execución forzosa da orde de demolición.
As actuacións tendentes á demolición das obras obxecto do expediente 107 B 2009 9-0 realizaranse a partir do 17 de xuño de 2026. A persoa interesada do expediente dispón ata o 16 de xuño de 2026 para retirar os bens e efectos existentes na edificación obxecto da orde de demolición.
Ao non poderse realizar a notificación persoal do inicio das obras de demolición, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada con NIE Y01190111 que dispón ata o 16 de xuño de 2026 para retirar os bens existentes na edificación, por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro do acto que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.
Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.
Santiago de Compostela, 27 de abril de 2026
María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
