DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 13 de maio de 2026 Páx. 28014

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 27 de abril de 2026, da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifican os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas (expediente E-1326-d-M e trece máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), sendo descoñecido o enderezo ou logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanselles ás persoas indicadas no anexo os trámites de audiencia de expedientes de extinción de concesións de augas, ditados no expediente E-1326-d-M e trece máis.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño 7-9, 15781 Santiago de Compostela, no horario comprendido entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Para isto, se o desexan, poderán concertar cita previa no correo electrónico rexaugas.augas@xunta.gal ou no teléfono 881 83 01 35.

As persoas interesadas disporán dun prazo dun (1) mes natural, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación, para presentar as alegacións que consideren pertinentes.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2026

José Souto Roig
Xefe da Área de Control e Seguimento do Dominio Público Hidráulico

ANEXO

Expediente

Titular

Data do trámite de audiencia

E-1326-d-M

José López - San Miguel Pico

23.4.2026

E-1326-M-a

José López - San Miguel Pico

23.4.2026

E-1326-M-a_01

José López - San Miguel Pico

23.4.2026

1371-a-M

Carmen Vizoso Abeledo

23.4.2026

E-1883-L

José Rodríguez Rey e outros

23.4.2026

E-43-4239-P

Claudina González Otero

23.4.2026

E-2-P

Francisco Doval Cadavid

23.4.2026

E-68-3353-C

José Camino Duro e outros

23.4.2026

E-282-C

Agustín Abelleira y Valado

23.4.2026

E-1130-C

Ramón Montero Gil

23.4.2026

890-M

Nicolás López Vidal e outros

23.4.2026

977-273

Francisca Sante Pérez e Filomena Sante Pérez

23.4.2026

1750-M

Amancia Ventoso Fernández e outros

23.4.2026

DH.A36.11437

Fernando Vibel Freire

23.4.2026