DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Mércores, 13 de maio de 2026 Páx. 27932

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 2026 pola que se nomea profesorado permanente laboral (PPL2501).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar o concurso de acceso convocados mediante a Resolución desta universidade do 23 de decembro de 2025 (DOG do 16 de xaneiro de 2026), corrixidos os erros mediante a Resolución reitoral do 28 de xaneiro de 2026 (DOG do 5 de febreiro), e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 8ª da convocatoria.

Este reitorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 50 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario (BOE do 23 de marzo), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente sinatura do contrato polas persoas interesadas, que deberá realizarse no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo fose inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

Vigo, 30 de abril de 2026

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Código: PPL2501-C05-265-PPL-TC-01.

Corpo: profesor/a permanente laboral.

Área de coñecemento: A0265 Estatística e investigación operativa.

Departamento: D00C05 Estatística e investigación operativa.

Centro de traballo: 303 Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais.

DNI: ***7984**.

Nome e apelidos: Nora Martínez Villanueva.

Código: PPL2501-X10-735-PPL-TC-01.

Corpo: profesor/a permanente laboral.

Área de coñecemento: A0735 Psicoloxía evolutiva e da educación.

Departamento: D00X10 Psicoloxía evolutiva e comunicación.

Centro de traballo: 105 Facultade de Educación e Traballo Social.

DNI: ***5456**.

Nome e apelidos: Mónica Rodríguez Enríquez.