Mediante a Resolución do 19 de marzo de 2019, do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña, outorgouse a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e declarouse a utilidade pública, en concreto, ás instalacións relativas ao proxecto da LAT 66 kV evacuación parque eólico Outes nos concellos de Negreira, Outes e Noia (A Coruña), promovido por Norvento, S.L.U. (DOG núm. 78, do 24 de abril de 2025, corrixida no DOG núm. 100, do 27 de maio).
Esta declaración de utilidade pública, segundo o previsto no artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupar os bens ou adquirir os dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.
Mediante o Acordo do 24 de outubro de 2025, do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña, anunciouse o levantamento de actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados (DOG núm. 232, do 1 de decembro).
Norvento, S.L.U., como promotora da instalación, comunicou o 12 de agosto de 2025 e, polo tanto, con anterioridade ao levantamento de actas previas á ocupación, a existencia de acordo sobre o predio número 228 da relación de bens e dereitos incluídos no anexo da Resolución do 19 de marzo de 2025. Como resultado desta comunicación, o predio número 228 decaeu do levantamento de actas previas á ocupación fixado polo Acordo do 24 de outubro de 2025.
Con posterioridade, Norvento, S.L.U., comunicou o 16 de marzo de 2026 a necesidade de incluír na relación definitiva de bens de necesaria expropiación o predio número 228, así como o conseguinte levantamento da acta previa á ocupación do devandito predio número 228.
En virtude do anterior, de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, as persoas afectadas que se relacionan no anexo da RBDA deberán comparecer as 10.00 horas do día 5 de xuño de 2026 na Casa do Concello de Outes.
A dita relación permanecerá exposta, para os efectos oportunos, no taboleiro de anuncios do Concello de Outes, así como na páxina web oficial desta consellería:
https://medioambiente.xunta.gal/enerxias-renovables/outros-anuncios
Ás persoas afectadas tamén se lles remitirá citación individual, en que se indicará expresamente o día e a hora asignados para o levantamento de actas previas á ocupación. Así mesmo, o calendario de actuacións permanecerá exposto no taboleiro de anuncios do Concello de Outes. Todas as persoas interesadas, así como as que teñan calquera tipo de dereito ou interese sobre os bens, deberán comparecer persoalmente ou ser representadas por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos que acrediten a súa titularidade, e poderán asistir acompañadas dos seus peritos e dun notario por conta propia.
Así mesmo, advírteselles a todas ás persoas interesadas que poderán formular alegacións ante a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático ata o momento do levantamento de actas previas, para os únicos efectos de emendar posibles erros que se cometeran ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación, segundo establece o artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa.
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2026
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
RBDA (relación de bens e dereitos afectados)
|
Núm. parc. |
Titular proposto |
Parcela |
Afeccións (m2) |
|||||||||||||||||
|
Nome e apelidos |
Datos catastrais |
Lugar |
Cult. |
Pleno dominio |
Servidume de paso |
Serv. de voo |
Serv. voo e vía |
Serv. de voo e gabia |
Serv. de voo, vía e gabia |
Ocup. temp. |
||||||||||
|
Ref. catastral |
Conc. |
Pol. |
Parc. |
Núm. aero |
Cim. |
Plat. |
Sub. |
T. met. |
Vía |
Gabia |
Vía e gabia |
|||||||||
|
228 |
– Manuel Antonio Dosil González – Dolores Leis Antelo – Manuela Rama Baña – María Dolores Rama Baña – José Manuel Rama Baña – María Carmen Rama Baña – Antonio Rama Baña – Nuria Rama Arcos – Rubén Rama Guzmán – Sergio Rama Guzmán |
15063A044000520000OI |
Outes |
44 |
52 |
Caidalta |
Monte alto |
440 |
19 |
|||||||||||
– Superficie de pleno dominio:
• Núm. aero: número aeroxerador.
• Cim.: cimentación do aeroxerador, superficie de afección para a execución das cimentacións dos aeroxeradores.
• Plat.: plataforma, superficie de afección para a execución das plataformas dos aeroxeradores e da torre meteorolóxica.
• Sub.: subestación, superficie de afección para a execución da subestación transformadora e do edificio de control.
• T. met.: torre meteorolóxica, superficie de afección para a execución da súa cimentación.
– Servidume de paso:
• Vía: servidume de paso polas vías polas que circularán os transportes para a construción, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.
• Gabia: servidume de paso nas canalizacións do tendido eléctrico soterrado.
– Serv. de voo: servidume comprendida dentro do voo das pas de cada aeroxerador.
– Ocup. temp: ocupacións e actuacións temporais dos terreos para zona de amoreamento de materiais e compoñentes dos aeroxeradores, manobra de vehículos e instalación de casetas de obra.
– Inclúense os seguintes tipos de solapamentos entre servidumes:
• Serv. vía-gabia: comprende aquelas zonas onde coinciden as afeccións de vía-gabia.
• Serv. voo-vía: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de servidume de voo e vía.
• Serv. voo-gabia: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de servidume de voo e gabia.
• Serv. voo-vía-gabia: abrangue aquelas zonas onde coinciden as tres afeccións: servidume de voo-vía-gabia.
