De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Mediante a visita da Inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo non se realiza nin exerce a actividade turística.
Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.
O que se notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de 15 días poidan efectuar as alegacións que consideren pertinentes, podendo examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial da Axencia de Turismo de Galicia de Lugo.
Lugo, 27 de abril de 2026
Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo
ANEXO
|
Signatura |
Denominación |
Titular |
Enderezo |
Localidade |
|
V-LU-006267 |
Nadela |
Carballeira Hostelería, S.L. |
Lugar Nadela, 50 |
Lugo |
|
R-LU-001171 |
Nadela |
Carballeira Hostelería, S.L. |
Lugar Nadela, 50 |
Lugo |
|
H-LU-000874 |
Nadela |
Carballeira Hostelería, S.L. |
Lugar Nadela, 50 |
Lugo |
