DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 15 de maio de 2026 Páx. 28465

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 9 de abril de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur, polo que se somete a información pública a solicitude de novación da concesión de augas con clave DH.A36.04702, outorgada o 3 de febreiro de 2004, no concello de Cerdedo Cotobade (expediente DH.A36.94594).

En cumprimento do previsto no artigo 142 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:

Solicitante: Comunidade de Usuarios Fonte do Can.

Expediente: DH.A36.94594.

Volume total anual: 6.266,70 m3/ano.

Caudal máximo instantáneo: 3,75 l/s.

Destino: abastecemento.

Orixe: dous mananciais e un pozo situados nas parcelas 600, 1643 e 617 do polígono 33 do catastro de Cerdedo Cotobade.

Lugar: Parada.

Parroquia: Tenorio.

Concello: Cerdedo Cotobade.

Descrición:

A auga das captacións condúcese a un depósito de 100 m3 na parcela 1653, polígono 33, desde o cal se distribúe ás vivendas que abastece a Comunidade. O sobrante abastece un depósito de emerxencia na mesma parcela.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións pública.

Vigo, 9 de abril de 2026

Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Sur