DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 15 de maio de 2026 Páx. 28452

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 28 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 08/26, en relación coa Resolución do 11 de xullo de 2025, dos tribunais nomeados para cualificar os procesos selectivos extraordinarios de estabilización, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo, subgrupo C1, e do corpo de auxiliares de carácter técnico, subgrupo C2, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e en categorías dos grupos I, II, III, IV e V de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

A Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección Primeira, polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PO 08/26, en relación coa Resolución do 11 de xullo de 2025, dos tribunais nomeados para cualificar os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, en escalas e especialidades do corpo de axudantes de carácter facultativo, subgrupo C1, e do corpo de auxiliares de carácter técnico, subgrupo C2, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e en categorías dos grupos I, II, III, IV e V de persoal laboral da Xunta de Galicia, pola que se lles dá publicidade a diversos acordos.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o envío dos correspondentes expedientes administrativos á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos na referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal