Visto o que dispoñen as bases da Resolución do 18 de febreiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de concurso específico, de postos de traballo vacantes nas Fiscalías de Galicia, así como o artigo 49 e seguintes do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, aprobado polo Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, e unha vez que a Comisión de Valoración elevou proposta definitiva de valoración de méritos, así como proposta definitiva de adxudicación dos postos ofertados no concurso, e que se acreditou a observancia do procedemento debido e se valoraron os méritos das persoas candidatas, en uso das competencias que me atribúe a normativa vixente,
RESOLVO:
Primeiro
Aprobar a proposta definitiva de valoración de méritos efectuada pola Comisión de Valoración do concurso específico.
Segundo
Resolver o concurso específico adxudicando os postos convocados ás persoas funcionarias que se relacionan no anexo.
Terceiro
Publicar esta resolución no Boletín Oficial del Estado e mais no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria.
Cuarto
O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se non implica cambio de localidade, ou de oito días se implica cambio de localidade dentro da Comunidade Autónoma.
O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá efectuar dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado e mais no Diario Oficial de Galicia. No caso de que a dita publicación non se faga asemade en ambos, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia.
Quinto
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben poderá ser impugnada directamente ante a sección do contencioso-administrativo do Tribunal de Instancia competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, todo isto de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 2026
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza
ANEXO
|
Código do posto |
Denominación |
Centro de destino |
Localidade |
Persoa adxudicataria |
|
XG9257804015770601.06 |
Coordinador/a da Oficina de Fiscalía II |
Fiscalía de Área |
Santiago de Compostela |
Lucía Pérez Diéguez |
|
XG9257702015001602.07 |
Responsable de Estatística, Rexistro e Calidade III |
Fiscalía Superior da Comunidade Autónoma de Galicia |
A Coruña |
Francisco Javier Filgueiras Jaspe |
