DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 15 de maio de 2026 Páx. 28454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

ANUNCIO do 17 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Comercio e Consumo, polo que se somete a información pública o procedemento ACA 1/2026, relativo á concesión da autorización comercial autonómica para a ampliación dun establecemento comercial colectivo en Lugo, promovido pola comunidade propietaria do Centro Comercial As Termas.

De conformidade co disposto no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, e no artigo 15.2 do Decreto 211/2012, do 25 de outubro, polo que se regula o procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica, iníciase o trámite de información pública, como parte integrante do procedemento para a obtención da autorización comercial autonómica para a ampliación dun establecemento comercial colectivo en Lugo, promovido pola comunidade propietaria do Centro Comercial As Termas.

Para estes efectos, complementando a información que se debe outorgar ao público sobre os aspectos relevantes relacionados co procedemento de autorización do proxecto de referencia, infórmase do seguinte:

a) A comunidade propietaria do Centro Comercial As Termas solicitou a concesión da autorización comercial autonómica para a ampliación dun establecemento comercial colectivo en Lugo.

b) O órgano competente para resolver a solicitude de concesión da autorización comercial autonómica é a persoa titular da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, en virtude do establecido no artigo 32.1 da Lei do comercio interior de Galicia e no Decreto 147/2024, do 20 de maio, polo que se establece a súa estrutura orgánica.

c) O órgano do cal se pode obter información ao respecto é o Servizo de Normativa, Innovación e Ordenación Comercial da Dirección Xeral de Comercio e Consumo.

d) A solicitude e o proxecto están dispoñibles ao público, para a súa consulta, na seguinte ligazón:

https://comercio.xunta.gal/autorizacion-grandes-superficies-comerciais?

content=expediente_0012.xml

e) A participación do público poderá realizarse durante o prazo de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán formular as alegacións, observacións e suxestións que consideren oportunas, que deberán dirixirse á Dirección Xeral de Comercio e Consumo e presentarse por calquera dos medios que recolle o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, no prazo de 20 días hábiles a partir da data de publicación do presente anuncio.

Santiago de Compostela, 17 de abril de 2026

Gabriel Alén Castro
Director xeral de Comercio e Consumo