A publicación do Real decreto 289/2003, do 7 de marzo, sobre comercialización dos materiais forestais de reprodución, incorpora á nosa lexislación nacional a Directiva 1999/105/CE do Consello, do 22 de decembro de 1999, sobre a comercialización dos materiais forestais de reprodución, que refunde e actualiza toda a normativa anterior para o efecto.
No número 1 do artigo 3 do Real decreto 289/2003, antes mencionado, establécese que para a produción de materiais forestais de reprodución destinados á comercialización utilizaranse unicamente materiais de base autorizados.
O número 2 do mesmo artigo di que os materiais de base só poderán obter a condición de autorizados se garanten as exixencias establecidas nos anexos II, III, IV ou V, segundo se trate da produción de materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados ou controlados, respectivamente, e se están referidos a unha unidade denominada unidade de admisión, que estará identificada mediante unha única referencia no correspondente rexistro.
Así mesmo, o número 3 do mesmo artigo, que é modificado polo Real decreto 1120/2011, do 5 de setembro, no número 2 do artigo único indica que a autorización dos materiais de base para a produción dos materiais forestais de reprodución identificados, seleccionados, cualificados e controlados, a efectuará o órgano competente da respectiva comunidade autónoma, que en Galicia é a Consellería do Medio Rural, quen comunicará os ditos materiais de base á Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertización do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.
O artigo 3 do Decreto 135/2004, do 17 de xuño, polo que se crea o Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución, recolle que se deberá solicitar autorización dos materiais de base para a produción de materiais forestais de reprodución para a súa comercialización con destino á silvicultura, á Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, como órgano competente da Administración da Comunidade Autónoma nesta materia, quen resolverá de acordo co artigo 4 do mencionado decreto.
Segundo o artigo 1.3 do Decreto 135/2004, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal inscribirá o material de base autorizado no Rexistro Galego de Materiais de Base.
En consecuencia, realizada a comprobación do cumprimento dos requisitos mínimos para a autorización dos materiais de base destinados á produción de materiais forestais de reprodución da categoría cualificada, conforme o disposto no anexo IV do Real decreto 289/2003, e de acordo co disposto na Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e demais normativa aplicable, a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal mediante a Resolución do 28 de abril de 2026 autorizou, dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a unidade de admisión que aparece relacionada no anexo desta resolución, e realizou a súa inscrición no Rexistro Galego de Materiais de Base para a Produción de Materiais Forestais de Reprodución:
• Un horto de semente de Pinus radiata da categoría material cualificado no lugar da Falmega en Oroso, A Coruña.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 2026
Mª Luisa Piñeiro Arcos
Directora xeral de Planificación e Ordenación Forestal
ANEXO
Especie: Pinus radiata D. Don.
|
Nº rex. |
Código autonómico |
Código estatal |
Pertenza |
Localización |
Provincia |
Concello |
Lonxitude |
Latitude |
Alt. (m) |
Sup. (ha) |
Cat. MFR |
Tipo MB |
Autenticidade MB |
Obxectivo |
Institución proposta aprobación MB |
|
260 |
ES/15/para/3/-/3/2/2 |
HS-Q-28/15/003 |
Dominio público territorial da Comunidade Autónoma de Galicia. Xunta de Galicia |
15061A501050110000MB Polígono 501, parcela 5011. A Falmega |
A Coruña |
Oroso |
8° 24' 36,457”W |
42° 59' 3,527”N |
277-288 |
6,57 |
Q |
HS |
Non autóctono orixe coñecida |
Produción en volume de madeira e forma e pauta de crecemento |
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Consellería do Medio Rural |
Nº reg.: número de rexistro.
Alt.: altitude.
Sup.: superficie.
Cat.: categoría.
MFR: material forestal de reprodución.
MB: material de base.
Q: material de categoría cualificada.
HS: horto de semente.
