A Axencia Galega das Industrias Culturais é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude. O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores.
A Axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, pola súa vez, aumentar a exportación. Os destinatarios da Axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais incorporados en calquera clase de soporte, así como de espectáculos ao vivo.
Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere cumprir co establecido no artigo 5 da Lei 4/2008. En consonancia cos seus obxectivos e fins, a Axencia exercerá as seguintes funcións:
«...c) Promover a distribución e comercialización dos produtos culturais dentro e fóra do noso país, fomentando a captación de públicos e facilitando o acceso da cultura galega a novos mercados internacionais...».
«...f) Fomentar a creación, o mantemento e a utilización de infraestruturas e equipamentos por parte dos axentes culturais, en especial o impulso de centros que faciliten o acceso á cultura dos cidadáns e das cidadás...».
«...h) Impulsar a cooperación e o asociacionismo entre os traballadores e traballadoras e as empresas dos distintos sectores culturais, así como as medidas do sector profesional galego, para aumentar a súa presenza e competitividade nos mercados culturais, en especial no apoio ás exportacións de bens e servizos culturais galegos.»
Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos,
RESOLVO:
Primeiro. Convocatoria e bases reguladoras
1.1. Esta resolución ten por obxecto establecer as bases, que se inclúen como anexo I, polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais de artes escénicas e musicais e convocalas para o ano 2026 (código de procedemento CT402C).
1.2. Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro de 2023, serie L).
O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 300.000 euros durante o período dos tres anos previos á data da concesión.
Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.
Segundo. Persoas beneficiarias
2.1. Poden obter a condición de beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
2.2. Tamén poden ser beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades obxecto da subvención, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
Terceiro. Financiamento
O crédito destinado ao financiamento destas axudas é de 500.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 13.A1.432B. 470.0, dos orzamentos xerais da Axencia Galega das Industrias Culturais para o exercicio 2026 (código de proxecto 2015-00003).
Cuarto. Solicitudes
4.1. Para poder ser persoa beneficiaria das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta resolución, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo nove, así como cumprir cos requisitos establecidos no artigo segundo das bases reguladoras.
4.2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase transcorridos dez (10) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará aos tres meses. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o día hábil seguinte. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da apertura do prazo de presentación de solicitudes no mes de vencemento do prazo.
A sede electrónica para a presentación de solicitudes abrirase ás 9.00 horas e o remate do prazo será ás 14.00 horas do día do vencemento.
Quinto. Prazo de duración do procedemento de concesión
As solicitudes serán tramitadas de acordo co procedemento de concorrencia non competitiva, que non poderá ter unha duración superior aos cinco (5) meses contados a partir do día seguinte ao da presentación da solicitude.
Sexto. Información ás persoas interesadas
6.1. Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Axencia Galega das Industrias Culturais, a través dos seguintes medios:
a) Páxina web oficial da Axencia Galega das Industrias Culturais:
https://industriasculturais.xunta.gal
b) Os teléfonos 881 99 60 77/881 99 60 78.
c) No enderezo electrónico agadic@xunta.gal
d) Persoalmente.
e) Na Guía de procedementos e servizos administrativos no enderezo http://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos
6.2. Así mesmo, para cuestións xerais sobre este procedemento, poderá facerse uso do teléfono de información xeral da Xunta de Galicia 012.
Sétimo. Réxime de recursos
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición, ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
b) Recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación da resolución, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela.
Oitavo. Base de datos nacional de subvencións
En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do dito artigo serán comunicados á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.
A entidade outorgante das axudas consignará na Base de datos nacional de subvencións, no prazo de vinte (20) días hábiles a partir da concesión da axuda, a información sinalada no artigo 6.1 do Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro de 2023, serie L).
Noveno. Rexistro Público de Subvencións
De acordo co establecido no artigo 14, letra ñ), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as persoas beneficiarias quedan informadas da existencia do Rexistro Público de Subvencións, e para ser persoa beneficiaria da axuda levará implícita a autorización para a inscrición dos datos facilitados na solicitude. Non obstante, as persoas solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Santiago de Compostela, 29 de abril de 2026
José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor
da Axencia Galega das Industrias Culturais
ANEXO I
Bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva,
para a concesión de subvencións ás actividades de distribución
para industrias culturais de artes escénicas e musicais, e se convocan
para o ano 2026 (código de procedemento CT402C)
Artigo 1. Obxecto, finalidade, réxime e principios de xestión
1. Estas bases teñen por obxecto determinar as condicións que regularán a concesión de subvencións para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas vinculadas ás artes escénicas e musicais, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT402C).
2. A finalidade desta convocatoria é contribuír á maior difusión posible dos bens e produtos culturais galegos tanto no territorio da nosa comunidade autónoma como no exterior, co obxectivo de incrementar a oferta de consumo cultural da poboación.
3. Estas axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 3 do Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europa ás axudas de minimis (DOUE do 15 de decembro de 2023, serie L).
O importe total das axudas de minimis concedidas por un Estado membro a unha única empresa non excederá os 300.000 euros durante o período dos tres anos previos á data da concesión.
Este límite máximo aplícase a todo o conxunto de axudas recibidas en concepto de minimis pola empresa, independentemente da forma en que se outorguen ou do obxectivo perseguido.
4. A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos, para o mesmo proxecto, procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado, e incompatibles con outras para o mesmo proxecto da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ou calquera organismo dependente.
No caso de percibirse outras axudas, deberase acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. Nos anexos desta resolución deberase cubrir a declaración das axudas percibidas polas persoas solicitantes.
5. En ningún caso a suma dos importes das axudas concedidas ao abeiro desta resolución poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, ou calquera outro ingreso derivado do proxecto supere o 100 % do custo da actividade subvencionada, segundo establece o artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
6. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de conformidade co disposto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de acordo cos seguintes principios:
a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.
b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.
c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.
7. As subvencións serán concedidas ata o esgotamento do crédito orzamentario, de acordo co establecido nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, polo procedemento abreviado e por orde cronolóxica, tendo en conta a data e a hora de entrada no Rexistro. A proposta de concesión formularaa o órgano instrutor, que unicamente deberá comprobar a concorrencia dos requisitos para conceder a subvención, sen que sexa necesario realizar a comparación das solicitudes presentadas.
8. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que o expediente sexa presentado completo, incluídas as achegas realizadas coa solicitude correctamente cuberta e achegada toda a documentación exixida nesta resolución, xa sexa de oficio pola persoa solicitante ou por requirimento dos servizos administrativos.
Artigo 2. Persoas beneficiarias
1. Poderán obter a condición de persoas beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
2. Tamén poderán ser persoas beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades obxecto da subvención, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.
3. Non poderán ser persoas beneficiarias desta convocatoria de subvencións:
a) As asociacións e restantes entidades sen fins de lucro.
b) As persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Artigo 3. Financiamento, contías máximas e intensidade das axudas
1. O crédito destinado ao financiamento destas axudas é de 500.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 13.A1.432B. 470.0, dos orzamentos xerais da Axencia Galega das Industrias Culturais para o exercicio 2026 (código de proxecto 2015-00003), distribuídos como segue:
|
Artes escénicas |
Importe |
Música |
Importe |
|
Modalidade A.1 |
110.000 € |
Modalidade B.1 |
150.000 € |
|
Modalidade B.2 |
50.000 € |
||
|
Modalidade A.2 e A.3 |
60.000 € |
Modalidade B.3 |
50.000 € |
|
Modalidade A.4 |
80.000 € |
||
|
Total |
250.000 € |
Total |
250.000 € |
2. As persoas solicitantes poderán presentar solicitudes para máis dunha modalidade, pero a contía máxima total que poderán obter é de 15.000 euros.
Para os efectos desta convocatoria, unha mesma compañía, artista ou grupo só poderá ser presentado por unha persoa solicitante.
3. Unha vez esgotado o crédito na contía máxima fixada nestas bases, non se admitirán novas solicitudes aínda que a publicidade desta circunstancia se produza con posterioridade á publicación no Diario Oficial de Galicia e no portal web da Axencia:
https://industriasculturais.xunta.gal
4. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda e sempre antes da resolución da convocatoria. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver. A alteración da distribución do orzamento establecido nesta convocatoria non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.
5 Sen prexuízo das dotacións indicadas en cada modalidade, cando a falta de solicitudes, o incumprimento de requisitos para ser persoa beneficiaria e outros factores impliquen que non se esgotou a contía establecida nunha ou varias modalidades, a Dirección da Axencia, unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, determinará, de ser o caso, o incremento da cantidade establecida en calquera das outras modalidades.
6. As solicitudes que, cumprindo todos os requisitos, non acaden subvención por esgotamento do crédito asignado, pasarán a formar unha lista de espera respectando a orde de prelación resultante da orde cronolóxica da solicitude e a categoría a que se presentan.
7. Malia o anterior, unha vez esgotado o crédito na contía máxima fixada nestas bases, non se admitirán novas solicitudes aínda que a publicidade desta circunstancia se produza con posterioridade á publicación no Diario Oficial de Galicia e no portal web da Axencia: https://industriasculturais.xunta.gal
Artigo 4. Proxectos subvencionables. Modalidades e requisitos
1. Estas bases de subvención comprenden as modalidades seguintes:
A. Artes escénicas.
Modalidade A.1: subvencións para a distribución de espectáculos fóra de Galicia.
Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional, consistente na realización dun mínimo de catro funcións en tres espazos escénicos distintos, como mínimo, e en ningún caso máis de catro no mesmo espazo escénico.
Modalidade A.2: subvencións para a representación de espectáculos en feiras e festivais fóra de Galicia.
Poderán acollerse a esta modalidade as empresas que presenten un proxecto exhibición de espectáculos en feiras ou festivais do sector das artes escénicas que se realicen fóra de Galicia.
Modalidade A.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas fóra de Galicia.
Poderán acollerse a esta modalidade as empresas que presenten un proxecto consistente na asistencia das empresas solicitantes ás feiras e mercados que se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para dar visibilidade aos proxectos que representan. Non se subvencionarán máis de dúas persoas por entidade solicitante e evento.
Modalidade A.4: subvencións para a distribución interior de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma.
Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución de espectáculos de artes escénicas pola Comunidade Autónoma de Galicia, cos seguintes requisitos:
a) En espazos de titularidade pública, excluídos os espazos adheridos á Rede galega de teatros e auditorios, o número mínimo por proxecto será de cinco representacións e, en ningún caso, o mesmo espazo poderá acoller máis de tres representacións.
b) En espazos de titularidade privada só se poderán acoller dúas representacións.
Todas as representacións que conformen o proxecto terán que ter contraprestación económica, sexa mediante caché ou billeteira.
B. Música.
Modalidade B.1: subvencións para a distribución de espectáculos musicais fóra de Galicia.
Poderán acollerse a esta modalidade empresas que presenten un proxecto de distribución a nivel nacional ou internacional, consistente na realización dun mínimo de catro concertos en tres espazos distintos, como mínimo, e en ningún caso máis de catro concertos no mesmo espazo.
Modalidade B.2: subvencións para as representacións musicais en feiras e festivais fóra de Galicia.
Poderán acollerse a esta modalidade as empresas que presenten un proxecto de exhibición de concertos en feiras ou festivais do sector da música que se realicen fóra de Galicia.
Modalidade B.3: subvencións para a asistencia a feiras e mercados musicais fóra de Galicia.
Poderán acollerse a esta modalidade as empresas que presenten un proxecto consistente na asistencia das empresas solicitantes ás feiras e mercados que se realicen fóra da Comunidade Autónoma de Galicia para dar visibilidade aos proxectos que representan. Non se subvencionarán máis de dúas persoas por entidade solicitante e evento.
2. Requisitos: ademais dos requisitos xerais, as persoas solicitantes deberán ter en conta os seguintes requisitos segundo as modalidades:
|
Modalidades |
Requisitos |
|
Artes escénicas A.1/A.2/A.4 Música B.1/B.2 |
Alta no IAE correspondente. Estar en posesión dos contratos/convite/s con contido económico da actividade que se vai realizar en feira. Estar en posesión do convite para a representación promocional en feira. |
|
Artes escénicas A.3 Música B.3 |
Alta no IAE correspondente. Inscrición de asistencia ou mercado de artes escénicas ou compromiso de inscrición no caso de non estar aberto o dito período. Acreditación da vinculación da persoa asistente coa empresa solicitante da subvención, mediante contrato ou declaración do titular da empresa. |
3. Todas as actividades para as cales se solicita subvención deben desenvolverse entre o 1 de novembro de 2025 e o 31 de outubro de 2026.
Artigo 5. Gastos subvencionables
1. Son gastos subvencionables os que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionada e resulten estritamente necesarios para o desenvolvemento do proxecto obxecto de subvención.
2. Só se admitirán aqueles gastos que fosen realizados e pagados dentro do período de execución indicado na resolución da concesión da axuda, respectando sempre o período subvencionable indicado nesta convocatoria, que abrangue desde o 1 de novembro de 2025 ata o 31 de outubro de 2026. A persoa beneficiaria deberá xustificar, en tempo e prazo, o custo total do proxecto presentado, isto é, todos os gastos efectuados imputables ao proxecto subvencionado, que deberán concordar co descrito no orzamento de gasto do anexo III ou do anexo IV, segundo a modalidade a que se opte.
3. Para os efectos desta convocatoria, terán a consideración de gastos subvencionables:
3.1 Para as modalidades A.1/A.2/A.3 e B.1./B.2/B.3: son gastos subvencionables:
a) Gastos de transporte e desprazamento de todo o equipo artístico e técnico; quedan excluídos os desprazamentos dentro da cidade. No caso de representacións en distintas cidades dentro do mesmo plan de distribución, serían gastos xustificables os do día de desprazamento entre unha cidade e outra.
|
Concepto |
Importes máximos |
|
|
Gastos de avión |
España e Portugal |
200 €/persoa |
|
Resto de Europa |
300 €/persoa |
|
|
Resto do mundo |
800 €/persoa |
|
|
Gastos autobús/tren/peaxes autoestradas/alugamento vehículos/combustible |
España e Portugal |
70 €/persoa |
|
Resto de Europa |
90 €/persoa |
|
|
Resto do mundo |
100 €/persoa |
|
|
Transporte de materiais |
España e Portugal |
400 € |
|
Resto de Europa |
600 € |
|
|
Resto do mundo |
800 € |
|
|
Visado |
100 % |
|
b) Gastos de aloxamento e manutención:
|
Concepto |
Importes máximos |
|
|
Gastos de manutención |
España e Portugal |
45 €/persoa |
|
Resto de Europa |
60 €/persoa |
|
|
Resto do mundo |
60 €/persoa |
|
|
Gastos de aloxamento |
España e Portugal |
70 €/persoa |
|
Resto de Europa |
80 €/persoa |
|
|
Resto do mundo |
90 €/persoa |
|
3.2. Para as modalidades A.2 e B.2, tamén serán subvencionables os gastos de servizos profesionais. Terán a consideración de subvencionables os custos de servizos profesionais, entendendo por tales os custos de persoal, artístico e técnico, necesarios para a representación. Cando exista unha relación laboral entre a entidade beneficiaria e o persoal, deberase achegar, xunto co contrato, a nómina correspondente, con indicación expresa do réxime xeral da Seguridade Social. Para o caso de que esta relación sexa mercantil, a entidade beneficiaria deberá achegar o contrato correspondente e a súa factura.
Estes custos non poderán supoñer máis do 60 % (sen IVE) do caché declarado pola entidade solicitante para o espectáculo obxecto da subvención na Rede galega de teatros e auditorios (RGTA). No caso de que a entidade solicitante non ofertase o espectáculo na RGTA, o caché será o que se estableza na solicitude.
3.3. Para as modalidades A.3 e B.3, tamén serán subvencionables os dereitos ou cotas de asistencia e inscrición (dúas persoas máximo por feira ou festival), así como o alugamento, do espazo para a promoción.
4. Límites por modalidades:
4.1 Nas modalidades A.1, A.2, B.1 e B.2, o límite da axuda será o equivalente ao contrato de distribución sen IVE. Cando a contratación sexa á billeteira, o importe do contrato calcularase, para a súa adxudicación, mediante o produto entre a porcentaxe da billeteira que percibirá a empresa, o prezo medio de entrada e o 60 % da capacidade do local. En todo caso, a contía final que se percibirá non superará a contía da billeteira efectivamente xustificada.
No que respecta gastos de persoal nas modalidades A.2 e B.2, o límite será o indicado no número 3.2 deste artigo.
4.2. Nas modalidades A.3 e B.3, o límite máximo que se vai percibir será o 60 % dos custos totais sen IVE, e a contía máxima de subvención será de 2.000 euros por feira e de 8.000 euros anuais por entidade solicitante.
4.3. Nas modalidades A.1, A.2, B.1 e B.2, teranse en conta os seguintes límites máximos para o cálculo da axuda:
– Días máximos que se consideran para axudas para aloxamento e manutención:
• No caso de non ser representacións consecutivas en España e Portugal, 2 días; no resto de Europa 4 días e no resto do mundo 5 días.
• No caso de representacións consecutivas os días das viaxes de ida e volta, os días de representación e os días intermedios, cun tope dun día intermedio por data de representación.
5. Para a modalidade A.4 terán a consideración de gastos subvencionables só os gastos de persoal.
Considéranse gastos de persoal os correspondentes aos custos de persoal artístico e técnico (nóminas e Seguridade Social) os días das representacións, cos seguintes límites:
No suposto de que a representación teña como única contraprestación o importe das billeteiras, os máximos subvencionables por función son:
Cachés ata 1.500 euros, máximo 30 % do caché sen IVE.
Cachés ata 3.000 euros, máximo 40 % do caché sen IVE.
Cachés de máis de 3.000 euros, máximo 50 % do caché sen IVE.
Para os efectos destas bases, enténdese por caché o declarado pola entidade solicitante para o espectáculo obxecto da subvención na Rede galega de teatros e auditorios (RGTA). No caso de que a entidade solicitante non ofertase o espectáculo na RGTA, o caché será o que se estableza na solicitude.
No suposto de que a representación teña como contraprestación unha porcentaxe do caché establecido, seranlle de aplicación os mesmos límites do punto anterior.
En ambos os dous supostos, a contía máxima subvencionable por representación é de 2.500 euros, cun límite por entidade solicitante de 15.000 euros, sen que se poida superar en ningún caso o 100 % do caché. Para o persoal técnico, o límite subvencionable será de 200 euros por persoa e día.
6. Os salarios que se expresen como custo no proxecto tanto do persoal artístico como do persoal técnico respectarán os convenios colectivos de referencia que lles son de aplicación.
7. De conformidade co artigo 29.7 da Lei de subvencións de Galicia, non serán subvencionables os gastos relativos a impostos indirectos, en concreto o importe do imposto sobre o valor engadido e outros impostos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, nin os impostos persoais sobre a renda, os xuros debedores de contas bancarias e demais gastos financeiros, os xuros, as recargas e as sancións administrativas e penais, nin os gastos de procedementos xudiciais.
8. Non terán a consideración de gastos subvencionables:
a) Os gastos administrativos ou de mantemento formal da empresas, como gastos de xestorías, notarías ou similares.
b) Os honorarios profesionais e outros similares derivados da realización de representacións vinculados ao proxecto, agás os considerados artísticos ou técnicos.
c) Os gastos correspondentes á elaboración de materiais de difusión vinculados ao proxecto.
d) Os gastos xerais nin calquera outro gasto non vinculado directamente coa actividade obxecto da subvención.
9. Considéranse gastos xerais aqueles que non se poden vincular directamente coa actividade subvencionada pero son necesarios para a súa realización. A persoa solicitante poderá imputarlle á actividade subvencionada a parte que razoablemente corresponda de acordo con principios e normas de contabilidade xeralmente admitidas e, en todo caso, na medida en que tales custos correspondan ao período en que efectivamente se desenvolva a actividade subvencionada. O importe máximo que se poderá considerar como imputable ao proxecto en concepto de gastos xerais é o 25 % do custo total do proxecto.
Artigo 6. Subcontratación
1. Para os efectos destas bases, enténdese que a entidade beneficiaria subcontrata cando concerta con outros a execución total ou parcial da actividade subvencionable. Para determinar a existencia de subcontratación, atenderase ao obxecto social con que se pretenda contratar a actividade.
2. En materia de subcontratación, observarase o establecido no artigo 27.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, que establecen que unicamente se subcontratará total ou parcialmente a actividade subvencionada cando a normativa reguladora da subvención así o prevexa. Para os efectos desta convocatoria, non se poderá en ningún caso subcontratar por máis do 20 % do importe total da subvención outorgada.
3. Non se poderán subcontratar en ningún caso actividades que, aumentando o custo do proxecto subvencionado, non acheguen valor engadido ao seu contido e nos supostos establecidos no artigo 27.7 da Lei 9/2007.
4. Non se permitirá a subcontratación de servizos con empresas vinculadas ou con aquelas que non teñan como obxecto social e actividade social a prestación dos servizos obxecto da subcontratación.
Artigo 7. Presentación das solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida, para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Artigo 8. Prazo de presentación das solicitudes e emenda
1. O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase transcorridos dez (10) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará aos tres meses.
A sede electrónica para a presentación de solicitudes abrirase ás 9.00 horas e o remate do prazo será ás 14.00 horas do día do vencemento.
No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o día hábil seguinte e entenderase como último día de prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da apertura do prazo de presentación de solicitades no mes de vencemento.
Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
2. Se a solicitude non reúne os requisitos establecidos na convocatoria, o órgano competente requirirá a persoa interesada para que a emende no prazo máximo e improrrogable de dez (10) días e indicaralle que, se así non o fixer, se considerará desistida da súa solicitude, logo de resolución ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para estes efectos, considerarase data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda, xa que, para os efectos da concesión das axudas, se terá en conta a orde cronolóxica de entrada, e considerarase data de presentación válida aquela en que o expediente sexa presentado completo, incluídas as achegas realizadas coa solicitude correctamente cuberta e achegada toda a documentación exixida nesta resolución.
Artigo 9. Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación:
a) Documentación xeral:
1.1. Certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade se a persoa solicitante é persoa xurídica.
1.2. Se a persoa solicitante é unha sociedade civil, comunidade de bens ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia, deberá presentar:
a) Nomeamento do representante ou apoderado legal único da agrupación.
b) Compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación e importe de subvención que se lle aplicará a cada un.
c) Compromiso de non disolución mentres dure a actividade subvencionada.
1.3. Estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no Rexistro Mercantil ou o que corresponda.
1.4. Documentación que acredite suficientemente a representación de quen asina a solicitude.
b) Documentación específica:
2.1. Modalidade A.1, A.2, B.1 e B.2 (subvencións para a distribución de espectáculos de artes escénicas e musicais fóra de Galicia e subvencións para a representación de espectáculos de artes escénicas e espectáculos musicais en feiras e festivais fóra de Galicia):
2.1.1. Ficha do proxecto e orzamento de gastos (anexo III).
2.1.2. Contrato de actuación ou oferta/convite con contido económico.
2.1.3. Convite para a representación promocional en feira.
2.2. Modalidade A.3 e B.3 (subvencións para a asistencia a feiras e mercados de artes escénicas e musicais fóra de Galicia).
2.2.1. Ficha do proxecto e orzamento de gastos (anexo III).
2.2.2. Documento de inscrición como profesional dos asistentes á feira ou mercado, ou compromiso de inscrición mediante declaración asinada pola persoa solicitante no caso de non estar aberto o dito período. Deberá achegarse a dita inscrición posteriormente no caso de ser subvencionado.
2.2.3. De ser o caso, contrato ou declaración asinada pola persoa solicitante da relación dos asistentes coa entidade.
2.3. Modalidade A.4 (subvencións para a distribución de espectáculos escénicos no territorio da Comunidade Autónoma).
2.3.1. Ficha de contratación e orzamento de gastos (anexo IV).
2.3.2. Contrato de actuación ou oferta/convite con contido económico.
3. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderáselle solicitar novamente á persoa interesada que os achegue.
4. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
5. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o cal poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no punto anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
8. Se prexuízo do disposto no parágrafo 1, a Axencia poderá requirirlle á persoa solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
Artigo 10. Comprobación de datos
1. Para a tramitación do procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI ou NIE da persoa solicitante.
– DNI ou NIE da persoa representante.
– NIF da entidade solicitante.
– Imposto de actividades económicas (IAE).
– Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias á Axencia Estatal de Administración Tributaria.
– Certificado de estar ao día no pagamento á Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento de débedas á Administración pública da Comunidade Autónoma.
– Comprobación de subvencións e axudas públicas concedidas.
– Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
– Consulta de subvencións e axudas públicas afectadas pola regra de minimis.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Artigo 11 Publicación
1. A resolución deste procedemento publicarase no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e contra ela poderase recorrer conforme o artigo 30 desta resolución.
2. Así mesmo, de forma complementaria, poderase efectuar a notificación de todos os actos administrativos de acordo co establecido nos puntos seguintes.
Artigo 12. Notificacións
1. As notificacións de resolucións e actos administrativos efectuaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
2. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas efectuaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitiralles ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación efectuada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.
3. De conformidade co artigo 47 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e as entidades instrumentais do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico de Galicia poderán, de oficio, crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento por parte das persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
4. As notificacións entenderanse efectuadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderanse rexeitadas cando transcorresen dez (10) días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
5. Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, efectuarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Artigo 13. Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Artigo 14. Transparencia e bo goberno
1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencias contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se encontren vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por parte daquela das obrigas previstas no título I da citada lei.
Artigo 15. Instrución do procedemento
1. Na concesión das subvencións seguirase un procedemento abreviado en que o informe e a proposta de resolución serán efectuados nun único acto pola persoa titular da Dirección da Axencia, que os elevará á Presidencia da Axencia para a súa aprobación posterior, consonte o procedemento previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de subvención examinaranse e serán outorgadas sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no Rexistro, e considerarase data de presentación válida aquela en que o expediente sexa presentado completo, incluídas as achegas realizadas coa solicitude correctamente cuberta e achegada toda a documentación exixida nesta resolución.
2. Ao tratarse dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Axencia publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria asignada, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.
3. A Dirección da Axencia, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:
1º. Examinar as solicitudes e a documentación presentadas.
2º. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resulte de obrigado cumprimento.
3º. Formular o informe proposta de resolución, debidamente motivado.
4. Co fin de facilitar unha mellor xestión das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria ás persoas interesadas, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ou aos profesionais ou expertos consultados.
En todo caso, a Dirección da Axencia poderá requirirlles ás persoas solicitantes que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.
Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Axencia e as unidades administrativas encargadas da tramitación e do seguimento do expediente respectivo poderán comprobar, en todo momento, a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados, e levarán a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases.
Para estes efectos, as persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención. Para realizar estas funcións, poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Dirección da Axencia para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta resolución e na restante normativa vixente que resulte de aplicación.
5. Instruído o procedemento, o órgano instrutor, á vista do expediente e da súa documentación, ditará a proposta de resolución indicando o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á Presidencia do Consello Reitor da Axencia.
Artigo 16. Resolución da convocatoria
1. A Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012 (DOG núm. 164), deberá ditar resolución expresa no prazo de quince (15) días desde a data de elevación da proposta de resolución.
A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de tres meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública no Diario Oficial de Galicia.
2. As resolucións publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais (https://industriasculturais.xunta.gal/es), polo cal se entenderán notificadas, para todos os efectos, as persoas solicitantes, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
As resolucións serán motivadas e farán mención expresa, cando menos, do seguinte:
a) As persoas beneficiarias da axuda e a contía adxudicada.
b) As solicitudes inadmitidas e as desistidas, indicando a causa de non admisión ou desistencia.
c) As solicitudes desestimadas.
3. Esta resolución poñerá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpoñer os recursos establecidos no artigo 29 destas bases.
4. Na resolución as persoas beneficiarias serán informadas sobre o carácter de minimis da axuda concedida, facendo unha referencia expresa ao Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativa á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 13 de decembro de 2023, serie L).
5. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se publique ou notifique a resolución posibilitará que as persoas interesadas poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo.
Artigo 17. Aceptación da subvención e renuncia
1. Unha vez notificada a resolución, as persoas beneficiarias comunicaranlle á Axencia a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase tacitamente aceptada.
2. A renuncia á subvención poderase facer axustándose ao modelo que se publicará na páxina web da Axencia Galega das Industrias Culturais, así como por calquera outro medio que permita a súa constancia, de acordo co establecido no artigo 94 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O presidente da Axencia Galega das Industrias Culturais ditará a correspondente resolución nos termos do artigo 21 da dita norma.
Artigo 18. Obrigas das persoas beneficiarias
1. As persoas beneficiarias destas axudas adquiren as obrigas que se reflicten nesta resolución e no resto da normativa de aplicación, e as que se relacionan a seguir:
a) Cumprir o obxectivo e realizar a actuación subvencionada de conformidade co proxecto presentado ou, se é o caso, co modificado coa autorización da Axencia.
b) Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, a persoa beneficiaria deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación, control e inspección que efectúe o órgano concedente e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas ou a outros órganos da Administración estatal ou da Unión Europea, aos cales se facilitará canta información lles sexa requirida para este efecto, todo isto de conformidade co disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e demais normativa regulamentaria de desenvolvemento, e conservar os documentos xustificativos de aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control, e de conformidade co procedemento recollido no artigo 23 e concordantes da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.
d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos, para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día se tiveron en conta para a súa concesión, e dos compromisos e obrigas asumidos polas persoas beneficiarias. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Dar a axeitada publicidade do carácter público do financiamento dos programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención. Tanto nos actos públicos como en todo o material de difusión que se elabore, incluídas notas de prensa e formatos específicos para redes sociais, debe facerse mención expresa da colaboración da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais no desenvolvemento das actividades subvencionadas.
Adicionalmente, a persoa beneficiaria comprométese a utilizar en todo o material de difusión que se produza, tanto dixital como impreso, o logotipo oficial da marca principal da Xunta de Galicia, dispoñible na ligazón web https://www.xunta.gal/identidade-corporativa, seguindo na medida do posible as normas relativas á convivencia con outras marcas que se especifican no Manual de uso da identidade corporativa da Xunta e respectando o tamaño mínimo de reprodución que garanta a lexibilidade.
Os custos correspondentes á dita publicidade serán por conta da persoa beneficiaria da subvención.
2. O incumprimento das anteriores obrigas por parte dos adxudicatarios dará lugar á exixencia das responsabilidades ou sancións previstas no título IV da Lei 9/2007, sen prexuízo do disposto nos artigos 25 e 26 destas bases.
Artigo 19. Modificación da resolución de concesión
1. A Axencia Galega das Industrias Culturais ten a facultade de revisar as axudas concedidas e modificar a resolución de concesión no caso de alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención.
2. As persoas beneficiarias teñen a obriga de solicitarlle á Axencia a aceptación de calquera modificación ou alteración relevante ou significativa sobre o proxecto subvencionado. O acto polo cal se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado pola persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais de conformidade coa disposición adicional primeira desta resolución, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se lle dará audiencia á persoa interesada. A autorización da modificación deberá realizarse de forma expresa e notificárselle á persoa interesada. As alteracións non autorizadas, ou non solicitadas, poderán dar lugar á minoración da subvención concedida ou á súa revogación.
3. Permitiranse, sen necesidade de autorización previa polo órgano concedente, incrementos que non superen o 20 % nas partidas de gastos dos conceptos subvencionables de axuda que figuren na resolución de concesión, sempre que se compensen con diminucións doutros. A persoa beneficiaria deberá acreditar, debidamente, o cambio na documentación de xustificación presentada.
4. Non se aceptarán modificacións que afecten os requisitos para poder optar ás subvencións, exixidos nestas bases.
5. En canto ao resto das modificacións solicitadas, a Axencia poderá acordar, de xeito motivado, a modificación da resolución de concesión, coa minoración proporcional derivada das alteracións, de ser o caso.
Artigo 20. Xustificación da subvención
1. Os gastos xustificados deberán responder, de maneira indubidable, á natureza da actividade subvencionada e ter correspondencia clara coas partidas do orzamento aceptadas pola Axencia Galega das Industrias Culturais na resolución de concesión da subvención ou coas modificacións ou reasignacións, de ser o caso, autorizadas.
2. Só se considerará gasto o que foi efectivamente realizado e pagado con anterioridade á finalización do período de xustificación.
3. O prazo de xustificación desta subvención iníciase a partir da notificación da concesión da axuda, tendo en conta os seguintes límites:
– Para os proxectos subvencionados con data de realización entre o 1 de novembro e o 1 de maio, o prazo de xustificación remata o 1 de xuño de 2026.
– Para os proxectos subvencionados con data de realización entre o 2 de maio e o 31 de outubro, o prazo remata o 10 de novembro de 2026.
4. As persoas beneficiarias deberán entregar, antes de que remate o prazo, a seguinte documentación xustificativa:
4.1. Documentación xeral:
– Memoria explicativa do gasto realizado en cada un dos conceptos de gasto que conforman o proxecto. Para o caso de imputación de gastos xerais, deberase indicar a súa vinculación co proxecto subvencionado e a pro rata aplicada en cada caso.
– Relación completa dos gastos realizados, polo importe total dos gastos presentados no proxecto inicial e aceptados na resolución (anexo V).
– Copia dos xustificantes dos gastos imputados á actividade obxecto da subvención, así como do seu pagamento bancario mediante extractos ou certificacións bancarias debidamente identificados, selados e asinados pola persoa beneficiaria por importe igual ou superior ao custo total do proxecto obxecto de subvención, de conformidade co disposto no artigo 42 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións.
Non se aceptarán aquelas facturas en cuxo concepto non se estableza de maneira clara e discriminada o obxecto do ben, a obra e/ou o servizo facturado.
– Relación de subvencións, achegas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante o período dos tres anos previos á concesión (anexo VI).
– Copia das publicacións nas páxinas e perfís propios das redes sociais nas cales se reflicta o apoio da Xunta de Galicia á actividade beneficiaria da subvención.
4.2. Documentación específica segundo as modalidades:
a) Para as modalidades A.1, A.2, B.1 e B.2:
– Memoria coa relación de concertos ou actuacións realizadas.
– Copia dos recibos acreditativos do cobramento das cantidades estipuladas.
– Folla de billeteira das funcións/concertos realizados, con indicación do público asistente e a recadación por billeteira, ou certificación acreditativa da realización do espectáculo pola entidade organizadora.
Ademais desta documentación, na modalidade A.4 e nas modalidades A.2 e B.2 (cando se xustifiquen custos de persoal) deberanse presentar nóminas e documentos acreditativos das contías aboadas en concepto de Seguridade Social do persoal artístico e técnico e, se é o caso, facturas e pagamentos do persoal técnico correspondente á data da representación e xustificantes bancarios dos pagamentos, así como os xustificantes do ingreso na Facenda pública das cantidades retidas á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas.
b) Para as modalidades A.3 e B.3:
– Memoria de actividades realizadas na asistencia ou participación da empresa nas feiras ou festivais obxecto de subvención.
5. No suposto de que o importe correctamente xustificado sexa inferior ao orzamento presentado coa solicitude, a contía da subvención reducirase proporcionalmente.
6. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido ou a concorrencia dalgunha das causas de reintegro previstas no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia. Neste caso, ditarase a oportuna resolución nos termos do artigo 21.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
7. Cando a persoa beneficiaria da subvención sexa unha empresa, os gastos subvencionables en que incorrese nas súas operacións comerciais deberán ser aboados nos prazos de pagamento previstos na normativa sectorial que lle sexa de aplicación ou, na súa falta, nos establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais.
Artigo 21. Pagamento da subvención
1. Para ter dereito ao pagamento da axuda deberá presentarse electronicamente, accedendo á Carpeta cidadá dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, a documentación xustificativa da subvención, ademais dos anexos establecidos para o efecto.
2. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acredite que a actividade foi executada de acordo co proxecto presentado e se xustifique correctamente o seu emprego e o cumprimento das obrigas establecidas nesta resolución. Todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos anticipados ou pagamentos á conta, para o cal se observará o establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
3. A Axencia Galega das Industrias Culturais, consonte as previsións estipuladas no artigo 31.6 da Lei de subvencións de Galicia, e 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, poderá aboar como pagamento anticipado, que supoñerá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención que estarán exentos da constitución de garantías segundo o disposto no artigo 65.4.i) e no artigo 67.1 do citado decreto. Os anticipos terán que ser solicitados cunha antelación mínima dun mes dá data de xustificación.
4. Poderanse realizar pagamentos á conta respondendo ao ritmo de execución do proxecto obxecto da subvención e logo de xustificación dos gastos conforme o establecido nestas bases para a xustificación, tal e como se establece no artigo 62.2 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
5. O pagamento da subvención realizarase unha vez recibida a documentación xustificativa e realizadas as actuacións de comprobación oportunas, para verificar o cumprimento da actividade subvencionada, polos órganos competentes da Axencia. Procederá a minoración da subvención concedida cando o investimento realizado teña un custo inferior ao inicialmente previsto e sempre que esta minoración, debidamente xustificada pola entidade beneficiaria, non supoña unha realización deficiente da actuación subvencionada.
6. Previamente ao pagamento, as entidades beneficiarias acreditarán que están ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, e non son debedoras por resolución de procedencia de reintegro.
7. Para estes efectos, se a persoa beneficiaria se opón á consulta ou denega expresamente a autorización para que sexa o órgano xestor quen recade esta información, deberá achegar as ditas certificacións, de conformidade co disposto no artigo 10.2.
8. Conforme o artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, se as actuacións de oficio realizadas polo órgano instrutor dan como resultado que as persoas beneficiarias teñen débedas ou obrigas con algunha destas administracións, serán requiridas para que regularicen a súa situación e presenten por si mesmas os correspondentes certificados.
Artigo 22. Perda do dereito ao cobramento da subvención
1. É causa de perda do dereito ao cobramento da subvención o incumprimento por parte da persoa beneficiaria da súa obriga de estar ao día nas súas obrigas coa Facenda estatal e autonómica e coa Seguridade Social.
2. Así mesmo, son causas de perda do dereito ao cobramento da subvención as previstas como causas de reintegro se non se aboase a axuda.
3. O procedemento para declarar a perda do dereito ao cobramento da subvención é o establecido para o reintegro.
Artigo 23. Causas de reintegro
1. A persoa beneficiaria deberá cumprir cos obxectivos, actividades e comportamentos que fundamenten a concesión da axuda, así como cos compromisos asumidos mentres dure a axuda. De non ser así, perderá o dereito ao seu cobramento e/ou, de ser o caso, procederá ao reintegro da subvención.
2. Tamén deberán proceder ao reintegro total ou parcial da subvención e dos xuros de demora correspondentes desde o momento do seu pagamento ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro nos supostos recollidos no artigo 32 e seguintes da Lei 9/2007. Para facer efectiva esta devolución, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto na citada lei e no Decreto 11/2009.
3. Son causas de reintegro as seguintes:
a) O falseamento, inexactitude ou omisión dos datos subministrados pola persoa beneficiaria que serviron de base para a concesión da axuda, ou a ocultación daqueles datos que a terían impedido.
b) O incumprimento total ou parcial do obxectivo, actividade, tarefas, compromisos ou condicións do proxecto inicial ou da finalidade para a cal axuda foi concedida.
c) O incumprimento da obriga de xustificación, xustificación insuficiente, xustificación fóra do prazo establecido, falsidade, terxiversación ou ocultación nos datos ou documentos que serven de base para xustificar os investimentos subvencionables, ou outras obrigas impostas na resolución de concesión da axuda.
d) O incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión contidas no artigo 20 destas bases.
e) A resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de axudas, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou entes públicos ou privados, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais.
f) A obtención de financiamento de distintas procedencias ou a concorrencia de subvencións por riba do custo das actividades subvencionadas.
g) Calquera das demais causas previstas no artigo 33 da Lei 9/2007.
Artigo 24. Gradación dos incumprimentos
1. O incumprimento total dos fins para os cales se concedeu a axuda, determinado a través dos mecanismos de seguimento e control, da realización do proxecto ou da obriga de xustificación, será causa de perda do dereito ao cobramento ou de reintegro total da subvención.
En particular, consideraranse incumpridos os obxectivos da axuda cando non se xustifique, polo menos, o 60 % dos custos do proxecto con respecto ao gasto previsto.
2. O incumprimento parcial dos obxectivos ou a non execución de actividades concretas do proxecto dará lugar á perda parcial do dereito ao cobramento da subvención nas porcentaxes que se determinen nos parágrafos seguintes ou, de ser o caso, ao reintegro parcial da subvención.
O alcance do incumprimento determinarase en proporción ao investimento deixado de efectuar ou efectuado indebidamente, e minorarase a subvención proporcionalmente.
3. Son causas de reintegro parcial os seguintes casos de incumprimento:
a) Perda dun 10 % da subvención concedida por non dar publicidade ao financiamento do proxecto obxecto da subvención segundo o establecido nestas bases.
b) Perda dun 5 % da subvención concedida por non comunicar a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaron a concesión da subvencións, unha vez recalculada e descontado o exceso obtido sobre os topes máximos legalmente establecidos.
A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á apreciación conxunta destas, aplicando á intensidade da axuda o factor que resulte do produto de todos os factores de corrección. No caso de que algún dos factores de corrección sexa negativo, a intensidade da axuda será cero.
A aplicación do factor de corrección realizarase coa revisión da xustificación da última anualidade e, de ser o caso, requirirase a persoa beneficiaria para que proceda á devolución dos fondos percibidos indebidamente. A falta de devolución destes nos prazos requiridos dará lugar á incoación do expediente de reintegro nos termos recollidos no artigo 33 da Lei 9/2007 e no título V do Decreto 11/2009.
No caso das condicións que constitúan obrigas que a persoa beneficiaria debe acreditar na fase de xustificación (obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc.), estas deberán xustificarse en todo caso para proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto soamente resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso de que se detecten en controis posteriores ao pagamento por algún incumprimento relativo a estas obrigas.
Artigo 25. Procedemento de reintegro
1. Se, aboada parte ou a totalidade da axuda, acaecen os motivos que se indican no artigo 23 desta resolución, incoarase o correspondente expediente de reintegro, o cal se tramitará conforme o previsto no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007.
2. Procederá o reintegro das cantidades percibidas e a exixencia do xuro de demora correspondente desde o momento de pagamento da axuda ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro.
3. O procedemento de reintegro de subvencións iniciarao de oficio a persoa titular da Dirección da Axencia Galega das Industrias Culturais, de conformidade coa disposición adicional primeira desta resolución, e comunicaránselle á entidade beneficiaria a iniciación do procedemento de declaración de perda do dereito, ou de reintegro, e as causas que o fundamentan, seguindo o procedemento establecido para o reintegro no artigo 37 e seguintes da Lei 9/2007, e no 77 e seguintes do Decreto 11/2009.
4. A resolución do procedemento de reintegro poñerá fin á vía administrativa. Contra esta resolución de reintegro, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outras posibles persoas interesadas poderán interpoñer o recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co previsto nesta resolución, se produzan os efectos do silencio administrativo. Todo isto segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015.
5. Sen prexuízo do anterior, ás persoas beneficiarias das subvencións reguladas nesta resolución seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no artigo 50 e seguintes da Lei 9/2007, e no título VI do Decreto 11/2009.
Artigo 26. Control
1. A Axencia Galega das Industrias Culturais poderá facer as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento do obxectivo das subvencións.
2. A Axencia Galega das Industrias Culturais, polos medios que considere, poderá realizar en calquera momento as visitas, comprobacións e solicitudes de aclaracións que considere necesarias para o correcto desenvolvemento das actuacións financiadas, así como para acreditar o cumprimento das medidas de publicidade de orixe dos fondos. Se se constata unha incorrecta utilización dos fondos ou o desvío dos obxectivos, propoñerase o reintegro da subvención concedida.
3. Ademais do anterior, as subvencións estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Así mesmo, estarán sometidas ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.
Artigo 27. Medidas antifraude
Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que poidan ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións no marco desta convocatoria poderá poñer os ditos feitos en coñecemento do sistema interno de información da Axencia ou do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través das canles habilitadas para o efecto https://industriasculturais.xunta.gal/es/transparencia (no formulario que se desexe utilizar, anónimo ou con identificación, seleccionarase a epígrafe «Canles específicas» e, dentro dela, elixirase a Axencia Galega das Industrias Culturais (ou http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf”).
A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente.
Artigo 28. Normativa aplicable
1. A normativa aplicable a estas subvencións axustarase ao disposto nesta resolución, pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais e se convocan para o ano 2026, así como:
a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións, e supletoriamente á Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
c) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei xeral de subvencións, e a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
d) Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.
e) Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia.
f) Regulamento (UE) nº 2023/2831 da Comisión, do 13 de decembro de 2023, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europeo ás axudas de minimis.
Artigo 29. Publicidade
No prazo máximo de tres meses, contados desde a data de resolución da concesión, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.
Artigo 30. Réxime de recursos
As resolucións ditadas ao abeiro desta convocatoria poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición, ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para interpoñer o recurso de reposición será dun mes, se o acto for expreso, ou desde o día seguinte a aquel en que se producise o acto presunto. Transcorrido o dito prazo, unicamente se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión. Se o acto non for expreso, a persoa solicitante e outros posibles interesados poderán interpoñer recurso de reposición en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
b) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.
Disposición adicional primeira. Delegación de competencias
En aplicación da disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012, do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais, de delegación de competencias na persoa titular da Dirección da Agadic, que establece que «o réxime de delegación en materia de axudas e subvencións públicas será o que se estableza, de ser o caso, nas correspondentes resolucións de convocatoria», deléganse no director da Axencia Galega das Industrias Culturais as modificacións, aceptacións das renuncias presentadas e outras incidencias das axudas previstas nesta orde, tales como redistribucións de anualidades, acordos de inicio e resolucións de procedementos de reintegros, e perdas de dereito total ou parcial ao cobramento da subvención.
Disposición adicional segunda. Habilitación para o desenvolvemento
Facúltase o director da Axencia Galega das Industrias Culturais para que leve a cabo as actuacións que sexan precisas para o desenvolvemento e a aplicación desta resolución.
Disposición derradeira. Entrada en vigor
Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
