DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 15 de maio de 2026 Páx. 28256

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 29 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais de artes escénicas e musicais, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT402C).

BDNS (Identif.): 904572.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/904572

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poden obter a condición de beneficiarias das subvencións as persoas físicas (autónomas) e persoas xurídicas privadas, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Tamén poden ser beneficiarias as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas privadas, comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, mesmo carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo as actividades obxecto da subvención, con domicilio ou sucursal en Galicia ou nun territorio membro da Unión Europea ou asociado ao Espazo Económico Europeo, dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais, que desenvolvan maioritariamente a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Finalidade

Determinar as condicións que regularán a concesión de subvencións para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas vinculadas ás artes escénicas e musicais, e proceder á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento CT402C).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 29 de abril de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais de artes escénicas e musicais, e se convocan para o ano 2026 (código de procedemento CT402C).

Cuarto. Importe

O crédito destinado ao financiamento destas axudas é de 500.000 euros con cargo á aplicación orzamentaria 13.A1.432B. 470.0, dos orzamentos xerais da Axencia Galega das Industrias Culturais para o exercicio 2026 (código de proxecto 2015-00003).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes iniciarase transcorridos dez (10) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará aos tres meses. No caso de que o día de inicio do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o día hábil seguinte. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da apertura do prazo de presentación de solicitudes no mes de vencemento do prazo.

A sede electrónica para a presentación de solicitudes abrirase ás 9.00 horas e o remate do prazo será ás 14.00 horas do día do vencemento.

Presentarase unha solicitude para cada evento.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2026

José Carlos López Campos
Presidente do Consello Reitor
da Axencia Galega das Industrias Culturais