Mediante a Resolución do Inega do 23 de decembro de 2026, que foi publicada no DOG núm. 12, do 20 de xaneiro, establecéronse as bases reguladoras e anunciouse a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica.
O artigo 3.2 das bases reguladoras prevé a posibilidade de redistribuír o orzamento se nalgunha das epígrafes non se rexistraron solicitudes suficientes para esgotar os fondos dispoñibles e noutra das epígrafes existe lista de agarda.
O prazo de presentación de solicitudes rematou o 2 de marzo e non se rexistrou un número suficiente de solicitudes para esgotar o orzamento correspondente ao ano 2026 na Administración local. Pola súa banda, na epígrafe correspondente a empresas non existe dispoñibilidade orzamentaria suficiente para atender as solicitudes con cargo ao orzamento de 2026.
Do mesmo xeito, no orzamento destinado á execución do ano 2027 existe un excedente correspondente á epígrafe de empresas, mentres que non hai dispoñibilidade orzamentaria suficiente para atender as solicitudes da Administración local nesta anualidade.
O artigo 31 do Decreto 11/2009 establece que cando a contía máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da dita distribución non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.
Por todo o anterior, dado que nas ampliacións orzamentarias correspondentes existe crédito dispoñible, e coa finalidade de incrementar a eficacia administrativa e a eficiencia na asignación de recursos públicos, maximizando o impulso de proxectos de enerxía fotovoltaica,
RESOLVO:
Primeiro. Redistribuír os fondos destinados ás subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica para as anualidades 2026 e 2027, en función do volume de solicitudes recibido, modificando a táboa do artigo 3.1 da Resolución do 23 de decembro de 2025 do seguinte xeito:
Modificación orzamentaria:
|
Beneficiario/a |
Importe inicial |
Modificación |
Importe final |
|
Empresas |
4.550.000 € |
+ 100.000 € |
4.650.000 € |
|
Administración local |
1.560.000 € |
- 100.000 € |
1.460.000 € |
|
Entidades sen ánimo de lucro |
390.000 € |
- |
390.000 € |
|
Total |
6.500.000 € |
0 € |
6.500.000 € |
Dotación orzamentaria final:
|
Tipo de beneficiario/a |
Anualidade 2026 (€) |
Anualidade 2027 (€) |
Importe asignado (€) |
|
Empresas |
2.700.000 € |
1.950.000 € |
4.650.000 € |
|
Administración local |
590.000 € |
870.000 € |
1.460.000 € |
|
Entidades sen ánimo de lucro |
210.000 € |
180.000 € |
390.000 € |
|
Total |
3.500.000 € |
3.000.000 € |
6.500.000 € |
Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a alteración do prazo establecido para presentar solicitudes.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026
Pablo Fernández Vila
Director do Instituto Enerxético de Galicia
