DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 15 de maio de 2026 Páx. 28479

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO da convocatoria do proceso selectivo para a cobertura, con carácter definitivo, dunha praza de auxiliar administrativo/a da Administración xeral (funcionario de carreira), incluída na oferta de emprego público de 2025.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 71, do 16 de abril de 2026, publicáronse integramente as bases que van rexer a convocatoria para cubrir, con carácter definitivo, unha praza de auxiliar administrativo/a da Administración xeral (código na RPT 03.02.00.01), funcionario/a de carreira, vacante no cadro de persoal funcionario deste concello.

O prazo de presentación de solicitudes será de (20) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na forma prevista nas propias bases.

A Estrada, 16 de abril de 2026

Gonzalo Louzao Dono
Alcalde