DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 15 de maio de 2026 Páx. 28480

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Laracha

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan especial de infraestruturas e dotación para a ampliación e urbanización do cemiterio de San Martiño de Lestón (2022/U034/000002).

Na sesión ordinaria do 26 de marzo de 2026, o Pleno municipal acordou:

Primeiro. Aprobar definitivamente o Plan especial de infraestruturas e dotación para a ampliación e urbanización do cemiterio de San Martiño de Lestón, asinado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz, cuxo código, segundo as NN.TT.P, é 15041_PEID_LESTON_202603_AD, e cuxo documento en formato dixital non editable ten pegada dixital

215c9676ae0050d64ee555f5df6fbaf8879b1605b100867784b4b6fed1813a23h

Segundo. Publicar a aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, para os efectos do establecido no artigo 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Esta publicación deberá realizarse no prazo dun mes desde a adopción da aprobación definitiva. Igualmente, xunto coa publicación deste acordo publicarase a indicación das medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan e a referencia ao enderezo electrónico en que figurará o contido íntegro do plan ao dispor do público.

Terceiro. Comunicarlle o acordo de aprobación definitiva, en virtude do artigo 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, á consellería competente en materia de urbanismo, para a súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia, anexando un exemplar en soporte dixital, debidamente dilixenciado.

Cuarto. Notificarlles individualmente a aprobación definitiva do plan especial a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados ás cales xa se lles notificou a súa aprobación inicial, de conformidade co artigo 186.4 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

O contido íntegro do plan estará ao dispor do público na sede electrónica (artigo 82.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia (LSG), e 199.2 do Regulamento da Lei do solo (LSG).

As medidas adoptadas para o seguimento dos efectos no ambiente da aplicación do plan están recollidas no documento 15041_PEID_LESTON_202603_AD_AAE_01DAE e documento _ 15041_PEID_LESTON_202603_AD_NU.

Este plan especial é unha disposición xeral, polo que contra el se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación desta disposición, sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere procedente.

A Laracha, 16 de abril de 2026

José Manuel López Varela
Alcalde