O Pleno do Concello da Laracha, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de marzo de 2026, aprobou inicialmente o proxecto de modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal recollida no documento de modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal de sistemas xerais do concello da Laracha, asinado polo arquitecto Ángel Luis Monteoliva Díaz o día 11 e 18 do marzo de 2026, e no cal figuran como redactores ademais os arquitectos Íñigo de Miranda Osset e Pablo Mella Sánchez, con pegada dixital na parte non editable 01AB3CB3D9B5F78AE6D9D7A7EC3607EC2D5EB86A8407FE0A8665472AFC91E12Eh.
De conformidade e nos termos establecidos nos artigos 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 144.6 do seu regulamento, a modificación inicialmente aprobada someterase á información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais dos de maior difusión na provincia.
A documentación sometida á información pública comprenderá todos os documentos integrantes do expediente tramitado e estará á disposición do público na sede electrónica deste concello, incluído un resumo executivo co contido mínimo exixido no número 6 do artigo 144 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.
Por aplicación do disposto nos artigos 47.2 da LSG e 86.2 do seu Regulamento, o acordo de aprobación inicial determina, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e demolición no ámbito da modificación proposta no caso en que as súas novas determinacións supuxesen a modificación da ordenación urbanística vixente.
A suspensión terá unha duración máxima de dous anos, contados desde o acordo de aprobación inicial, e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do planeamento.
A Laracha, 22 de abril de 2026
José Manuel López Varela
Alcalde
