No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 66, do 23 de marzo de 2026, publicáronse a convocatoria e as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a unha praza vacante de persoal funcionario no Concello de Viveiro, incluída na oferta de emprego público do ano 2024 e que a seguir se sinala:
Acceso libre.
|
Grupo |
Natureza |
Clasificación |
Nº de prazas |
Correspondencia do posto na RPT |
|
A1 |
Funcionario |
Escala de Administración xeral, subescala técnica |
1 |
Técnico/a xurídico/a de urbanismo, director/a do departamento (SX5.0/023) |
O prazo de presentación de instancias será de vinte días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, e os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no taboleiro de edictos dixital da corporación nos termos establecidos nas bases.
Viveiro, 17 de abril de 2026
María Carmen Gueimunde González
Alcaldesa
