DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 18 de maio de 2026 Páx. 28776

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, de notificación dos trámites de audiencia da actualización dos límites de expropiación da liña de alta velocidade e da convencional na fase do acordo de reestruturación parcelaria da zona de San Pedro de Maus (Vilar de Barrio-Ourense).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas citadas no anexo poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) de Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñecer o texto íntegro do acto que se notifica.

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense , 29 de abril de 2026

José Antonio Armada Pérez
Director territorial de Ourense

ANEXO

Núm.
de prop.

Interesada/o

Acto que se notifica

Zona concentración parcelaria

87

76715211E

T.A. expropiación liña de alta velocidade 8.4.2026

San Pedro de Maus (Vilar de Barrio)

285

34507345P

T.A. expropiación liña convencional 8.4.2026

San Pedro de Maus (Vilar de Barrio)

381

José Gómez Salgado e outros

T.A. expropiación liña convencional 8.4.2026

San Pedro de Maus (Vilar de Barrio)

387

Manuel Souto Prado e outro

T.A. expropiación liña convencional 8.4.2026

San Pedro de Maus (Vilar de Barrio)