Mediante este anuncio faise público que, pola Resolución da directora territorial da Consellería do Mar en Vigo, do 17 de abril de 2026, se autorizou a transmisión da titularidade do parque de cultivos mariños que a seguir se describe:
Identificación e localización: parcela número 691 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.
Superficie: 2.508,00 m2.
Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).
Remate da vixencia: 23.4.2029.
Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).
Tipo de transmisión: inter vivos.
Actuais titulares: Marcos Vázquez Feijoo (***6583**) (50 % privativo), Elisa Búa Diz (***5260**) (50 % privativo).
Novos titulares: Marcos Vázquez Feijoo (***6583**) (50 % privativo), Elisa Búa Diz (***5260**) (45 % privativo) e Sergio Vázquez Feijoo (***6740**) (5 % privativo).
Os novos titulares subróganse no prazo, nos dereitos e nas obrigas dos anteriores.
Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: os titulares deberán achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.
Vigo, 20 de abril de 2026
María Elena Suárez Sarmiento
Directora territorial de Vigo
