DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 18 de maio de 2026 Páx. 28784

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 30 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-0141/2026-V e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, o inicio do expediente PSC-CO-0141/2026-V e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede do Departamento Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2, 5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 do outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 30 de abril de 2026

María José Cancelo Baquero
Directora territorial da Coruña

ANEXO

Núm. expediente

DNI/NIF

Acto que se notifica

PSC-CO-0141/2026-V

76967097N

Inicio

PSC-CO-0150/2026-V

76346372B

Inicio

PSC-CO-0152/2026-PPM

46914689W

Inicio

PSC-CO-0155/2026-V

76779647N

Inicio

PSC-CO-0172/2026-PPM

53119497P

Inicio

PSC-CO-0188-2026-PPM

47377697C

Inicio