DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 18 de maio de 2026 Páx. 28786

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 21 de abril de 2026, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello da Estrada (expediente DH.V36.116070).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: José Luis González Aboy.

NIF: ***7747**.

Expediente: DH.V36.116070.

Lugar: Ramiráns.

Parroquia: Santo André de Vea.

Concello: A Estrada.

– Tipo de vertedura 1: augas residuais grises e fecais depuradas.

Caudal máximo anual 1: 225 m³/ano.

Punto de vertedura 1: X=537.208; Y=4.728.568.

Medio receptor 1: infiltración no terreo (bacía do río Ulla).

Tratamento/evacuación 1: as augas residuais grises, pretratadas nun separador de graxas, e as augas residuais fecais son tratadas nunha fosa séptica de decantación-dixestión con filtro biolóxico deseñada para 3-8 habitantes equivalentes, antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante un pozo filtrante, xunto coas augas residuais industriais depuradas.

– Tipo de vertedura 2: augas residuais industriais depuradas.

Caudal máximo anual 2: 208 m³/ano.

Punto de vertedura 2: X=537.208; Y=4.728.568.

Medio receptor 2: infiltración no terreo (bacía do río Ulla).

Tratamento/evacuación 2: as augas residuais industriais son tratadas nun separador de hidrocarburos con filtro coalescente, de 3 L/s de capacidade, antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante un pozo filtrante, xunto coas augas residuais grises e fecais depuradas.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2026

María Belén Pichel García
Xefa da Área de Verteduras