DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 18 de maio de 2026 Páx. 28788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 29 de abril de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción por caducidade de concesións de augas (expediente 5481-F-340 e doce máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar os expedientes de extinción por caducidade das concesións indicadas no anexo, correspondente ao expediente 5481-F-340 e doce máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

5481-F-340

Ramona Romero Cernadas

315 l/s

Río

Forza motriz dun muíño fariñeiro

L: Agar
P: Beba (San Xián)
C: Mazaricos

E-53-456-C

Jesús Aldao Caamaño

80 l/s

Río

Forza motriz dun muíño fariñeiro e xeración de enerxía eléctrica

L: Os Abelares
P: Lendo (San Xián)
C: A Laracha

E-78-79-C

Dolores Lado Lado

0,4 l/s

Río

Rega

L: Cives de Abaixo
P: Colúns (San Salvador)
C: Mazaricos

E-48-4952-C

Constantino Pernas Blanco, Andrés Otero de la Fuente, Aurora Sánchez Astray, Ermitas Fernández Berea, herdeiros de Manuel Botana Acevedo, herdeiros de Ramón Botana Boade, Luciano Maroño Berdomás e Manuel Labandeira Portor

130 l/s

Río

Forza motriz dun muíño fariñeiro

P: Frades (San Martiño)
C: Frades

E-62-517-C

José García Crego, Manuel García Crego
e Teresa Crego González

1,44 l/s

Río

Rega

P: Régoa (Santa María)
C: Cedeira

E-1815-C

Manuel Baleato Costa e Mª del Carmen Baleato Costa

34.332 m3

Río

Rega

L: A Carballeira de Abaixo
P: A Vila de Abade (San Cibrán)
C: Tordoia

E-1779A-C

Cándido Hermida Tomé

8.000 m3

Río

Rega

L: Coluns
P: Treos (San Miguel)
C: Vimianzo

E-1814-C

Juan Torre Sánchez

7.781 m3

Río

Rega

L: Trasmonte
P: Santa Cruz de Ribadulla (Santa Cruz)
C: Vedra

E-1937-C

Pedro Sendon Ballesteros

137.360 m3

Río

Rega

L: A Vacariza
P: Berdeogas (Santiago)
C: Dumbría

E-1959-C

Isolina Pequeño Louzán e outros

0,083 l/s

Río

Abastecemento

L: Estorde
P: Toba (Santo Adrián)
C: Cee

E-2010-C

Josefa Blanco Pose

28.896 m3

Río

Rega

L: Barbeira
P: Fontecada (San Martiño)
C: Santa Comba

E-1975-C

José Teijeiro Rial

1,10 l/s

Río

Rega

L: O Hospital
P: Xallas de Castriz (San Pedro)
C: Santa Comba

E-2080-C

Granitos de Xallas, S.L.

51.134 m3

Río

Industrial

L: Frieiro
P: Xallas de Castriz (San Pedro)
C: Santa Comba