DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 18 de maio de 2026 Páx. 28590

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2026 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 15 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento IN308C).

Mediante a Orde do 15 de xullo de 2025, a Consellería de Economía e Industria estableceu as bases para a concesión de subvencións a entidades locais, en réxime de concorrencia non competitiva, para actuacións de acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia e convocáronse para o ano 2025.

En cumprimento do disposto no artigo 17.1.b) da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como no artigo 25 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións indicadas no anexo, concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 09-04-734A-760.1, ao abeiro da Orde do 15 de xullo de 2025, da Consellería de Economía e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións a entidades locais para actuacións encamiñadas ao acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento IN308C).

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2026

A conselleira de Economía e Industria
P.D. (Orde do 4.11.2024; DOG núm. 217, do 11 de novembro)
Pablo Fernández Vila
Director xeral de Planificación Enerxética e Minas

ANEXO

Subvencións a entidades locais para actuacións de acondicionamento e mellora das instalacións dos espazos termais de uso lúdico da Comunidade Autónoma de Galicia.

Persoa

beneficiaria

NIF

Espazo termal

Actuación

Axuda concedida (€)

Concello de Cenlle

P3202600G

Área termal

de Barbantes

Acondicionamento e mellora do espazo termal de uso lúdico Área termal de Barbantes

159.903,88

Concello de Cerdedo Cotobade

P3600048G

Baños de San Xusto

Acondicionamento e mellora do espazo termal de uso lúdico Baños de San Xusto

171.072,78

Concello de Ponte Caldelas

P3604300H

Parque termal de Ponte Caldelas

Construción do Parque termal de Ponte Caldelas

200.000,00

Concello de Salvaterra de Miño

P3605000C

Espazo termal

de Teáns

Melloras no espazo termal de Teáns: climatización vestiarios, tratamento augas

86.055,20