Mediante a Orde do 25 de marzo de 2026, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 64, do 8 de abril, con corrección de erros no DOG núm. 66, do 10 de abril, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas que se detalla no anexo desta orde.
De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e de acordo co procedemento previsto no artigo 27 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da citada lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro
Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, convocado pola Orde do 25 de marzo de 2026 (DOG núm. 64, do 8 de abril) con corrección de erros no DOG núm. 66, do 10 de abril.
Segundo
Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, á funcionaria cuxos datos se sinalan no anexo I, seleccionada conforme o establecido nas bases da convocatoria realizada mediante a Orde do 25 de marzo de 2026.
Terceiro
O cesamento no actual destino efectuarase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para tomar posesión do novo destino obtido será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Cando a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será dun mes, de conformidade co establecido no artigo 8.1 do Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, aprobado polo Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
O cómputo dos prazos posesorios iniciarase cando finalicen os permisos ou licenzas que, se é o caso, fosen concedidos aos/ás interesados/as. Nos supostos de incapacidade temporal, o cómputo do prazo iniciarase a partir da correspondente alta.
Cuarto
A xefatura do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.
Quinto
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante a sección do contencioso-administrativo do tribunal de Instancia competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2026
María Martínez Allegue
Conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
ANEXO I
Apelidos e nome: María Teresa González Novo.
DNI: **8324**.
Subgrupo: A1.
Denominación do posto de traballo: subdirector/a xeral de Réxime Xurídico-Administrativo.
Código do posto de traballo: IV.201.00.003.15770.001.
Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.
Localidade: Santiago de Compostela.
Corpo/escala: xeral.
Grupo: A1.
Nivel: 30.
Complemento específico: 26.303,90 euros.
Tipo de adscrición: (A11) adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.
Formación específica: (640) para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).
Titulación: licenciada/o en Dereito.
*O DNI atópase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.
