No Boletín Oficial da provincia (BOP) de Lugo núm. 064, do 20 de marzo de 2026, publícase a convocatoria e bases específicas que regulan o proceso selectivo para o ingreso nas prazas de persoal laboral fixo, na Deputación Provincial de Lugo, incluídas na oferta de emprego público dos anos 2023 e 2024 que a continuación se sinalan:
– Catro prazas de peón/peoa reparación vías provinciais (cota xeral), do cadro de persoal laboral, agrupacións profesionais, mediante o sistema de concurso-oposición, acceso libre.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais desde o seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria e bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial de Lugo.
Lugo, 9 de abril de 2026
A presidenta da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 14.1.2026)
Pablo Rivera Capón
Deputado provincial de Lugo
