DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 18 de maio de 2026 Páx. 28803

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia

ANUNCIO polo que se convocan procesos selectivos para cubrir tres (3) prazas de persoal.

Dúas (2) prazas para o proxecto QATALYZE:

– 1 técnico/a de investigación posdoutoral en tecnoloxías de computación cuántica. Referencia: QATALYZE-26-TINVPD1. NRP: 6090083.

– 1 técnico/a superior de investigación en tecnoloxías de computación cuántica. Referencia: QATALYZE-26-TSINV1. NRP: 6090084.

Unha (1) praza para o proxecto EUROCC3:

– 1 técnico/a de investigación en proxecto HPC para a industria. Referencia: EUROCC3-26-TINV1. NRP: 6090085.

Contratos a xornada completa de actividades científico-técnicas, regulados polo artigo 23.bis da Lei 14/2011, do 1 de xuño, e polo Decreto 12/2024, do 11 de xaneiro.

O prazo de presentación de solicitudes será de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

As bases dos procesos selectivos están expostas na sede do Cesga (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15705 Santiago de Compostela) e na páxina web https://www.cesga.es/gl/transparencia-2/emprego/

Todas as notificacións que a partir deste momento se orixinen como consecuencia destes procesos selectivos se farán públicas na páxina web do Cesga.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2026

José Ignacio López Cabido
Xerente da Fundación Pública Galega
Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia