DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 19 de maio de 2026 Páx. 29066

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 30 de abril de 2026, da Xerencia da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome dos servizos sanitarios prestados nesta área sanitaria no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Por medio desta cédula, e debido a que os abaixo relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros desta área sanitaria, ou que as persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas alegaron distintas causas para non recibir as notificacións, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que, segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema nacional de saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 10 do texto refundido da Lei xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, de non achegar no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG núm. 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá a factura dos gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que se debe presentar deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario, no teléfono 988 36 91 11.

Para que conste e sirva de notificación ás persoas interesadas e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 30 de abril de 2026

José Santiago Camba Bouzas
Xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

ANEXO

Expediente

DNI/NIE

202407268

Y7951262S

202501289

Y6947618E

202501907

Y4360218F

202503000

X3391005T

202504235

Y2183527J

202504435

Z2371942A

202505088

77466622T

202505437

X7851105D

202505644

44658284N

202507221

33558545G

202507223

76582682L

202506481

Z3143339A

202507591

Y3763174C

202600434

Z3143339A

3201202600092

Z3526653E

3201202600628

Z4298544X