DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 19 de maio de 2026 Páx. 29032

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 30 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, pola que se fai público o recoñecemento como organización de produtores pesqueiros á entidade denominada Asmecruz, Sociedade Cooperativa Galega, como organización de produtores pesqueiros de ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o sector de acuicultura, segmento de acuicultura mariña.

Mediante a Resolución do 10 de abril de 2026, da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, recoñécese a Asmecruz, Sociedade Cooperativa Galega, como organización de produtores pesqueiros no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia para o sector da acuicultura, segmento de acuicultura mariña.

En virtude do disposto no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño, modificada polo Real decreto 664/2023, do 18 de xullo, polo que se regulan as organizacións profesionais no sector dos produtos da pesca e da acuicultura, a entidade Asmecruz, Sociedade Cooperativa Galega, queda inscrita no Rexistro Xeral de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores Pesqueiros do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación co código e número seguinte: OPP-99.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2026

Isaac Miguel Rosón Sánchez-Brunete
Director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica