DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 19 de maio de 2026 Páx. 29033

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 22 de abril de 2026, do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de obras no concello de Cabana de Bergantiños (expediente DH.W15.116432).

En cumprimento do previsto no artigo 78.ter.2.a) do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de obras:

Solicitante: Helena Camafreita Suárez.

DNI: ***8625**.

Expediente: DH.W15.116432.

Lugar: Revoltas.

Parroquia:

Concello: Cabana de Bergantiños (A Coruña).

Descrición das actuacións:

Construción de vivenda unifamiliar e peche na parcela 981 do polígono 25.

A documentación pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial situadas na rúa Vicente Ferrer, 2, 9º andar, 15008 A Coruña.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Coruña, 22 de abril de 2026

Roberto Arias Sánchez
Xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica de Galicia Norte