DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 19 de maio de 2026 Páx. 28966

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2026 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2026.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de xaneiro a abril do ano 2026, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 2026

Pablo Fernández Vila
Director da Axencia Instituto Enerxético de Galicia

ANEXO

Convenios subscritos pola Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril

Convenio

Data da sinatura

Achega da Axencia

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Fundación Semana Verde de Galicia para a celebración da feira de enerxía Enerxétika 2026.

13.1.2026

100.000,00 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Concello de Ribadeo para o desenvolvemento do proxecto experimental de iluminación na obra de mellora no monte de Santa Cruz.

20.2.2026

30.193,96 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Gallega del Hidrógeno para a realización de actividades de fomento, difusión, información e comunicación relacionadas co desenvolvemento e o impulso do sector industrial do hidróxeno verde en Galicia durante o ano 2026.

4.3.2026

100.000,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster da Xeotermia Galega (Acluxega) para a realización de actividades relacionadas co fomento da xeotermia en Galicia durante o ano 2026.

12.3.2026

36.000,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Asociación Clúster Galego da Industria e Servizos de Apoio ao Desenvolvemento das Enerxías Renovables e a Sostibilidade Enerxética (Cluergal) para a realización de actividades de difusión, formación, información e comunicación relacionadas co desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia.

16.4.2026

75.000,00 €

Convenio entre a Axencia Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e a Axencia de Turismo de Galicia para o desenvolvemento de proxectos de aforro e eficiencia enerxética cofinanciados pola Unión Europea, nun 60 % do gasto elixible, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa de Galicia Feder 2021-2027.

21.4.2026

Sen achega