DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 19 de maio de 2026 Páx. 29015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 10 de abril de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifican os actos administrativos ditados no expediente 2026/39-32.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada referida no anexo, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, o acto administrativo emitido no procedemento referido no dito anexo e instruído de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil, cuxos intentos de notificación foron infrutuosos por ignorarse o lugar de notificación.

Para o coñecemento íntegro do acto administrativo emprázase a referida persoa interesada por si ou a través dos seus representantes legais para que, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial de Ourense, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Sáez Díez, núm. 39-baixo, en Ourense, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.

Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que de non atender o acto, efectuada a súa notificación por comparecencia ou tras o vencemento do prazo indicado para comparecer, decaerá do dereito ao trámite.

Ourense, 10 de abril de 2026

Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2026/39-32.

Persoa interesada: 145407250.

Acto que se notifica:

– Resolución administrativa do 3 de marzo de 2026.

– Oficio con apertura do trámite de audiencia do 13 de abril de 2026.