De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada referida no anexo, a través deste anuncio que se publicará no Boletín Oficial del Estado, os actos administrativos emitidos no expediente referido no dito anexo e instruído de conformidade co disposto no art. 172 e seguintes do Código civil, cuxos intentos de notificación foron infrutuosos por ignorarse o lugar de notificación.
Para o coñecemento íntegro dos actos administrativos emprázase a referida persoa interesada por si ou a través dos seus representantes legais para que, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte á publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, compareza nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, do Departamento Territorial de Ourense, da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Sáez Díez, núm. 39-baixo, en Ourense, de luns a venres laborais, das 9.00 ás 14.00 horas.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida ao vencemento do prazo indicado para comparecer.
Este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
Advírtese que contra a resolución poderá interpoñerse o recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia Sección de Familia, Infancia e Capacidade, praza nº 1, de Ourense, no prazo de dous meses, ao abeiro dos artigos 779 e 780 de Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.
Ourense, 10 de abril de 2026
Santiago Álvarez González
Director territorial de Ourense
ANEXO
Nº de expediente: 2021/130-32.
Persoa interesada: 44515524J.
Actos que se notifican:
– Resolución administrativa do 6 de marzo de 2026.
– Oficio apertura do trámite de audiencia do 10 de abril de 2026.
