DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 20 de maio de 2026 Páx. 29190

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2026 pola que se dá publicidade de varios encargos realizados ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 29 de decembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) actuacións en soutos tradicionais incluídos no Plan piloto de recuperación e conservación situados no concello do Bolo (Ourense) para os anos 2026 e 2027, cofinanciado polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da política agraria común (PEPAC) 2023-2027. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: recuperación e mantemento de soutos, roza e mellora de camiños de acceso aos soutos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde o día seguinte ao da sinatura da acta de comprobación da implantación ata o 31 de decembro de 2027, unha vez asinada a orde de execución.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos sesenta e dous mil oito euros con cincuenta e nove céntimos (362.008,59 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.03.713B.604.0 (código de proxecto 2024 00114).

2. Resolución do 5 de xaneiro de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) o servizo de coordinación da seguridade e saúde e apoio á dirección facultativa en actuacións da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, anualidade 2026-2027. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: tarefas de coordinación de seguridade e saúde en obras e servizos promovidos pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural tales como mellora e construción de infraestruturas, traballos culturais ou restauracións hidrolóxicas. Tamén se podería prestar servizo de apoio á dirección das obras.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 24 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos cinco mil cento sesenta e sete euros con corenta e nove céntimos (205.167,49 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2026 00092).

3. Resolución do 13 de marzo de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a realización do trampeo selectivo, planificado e controlado dentro do Plan de choque contra a avespa asiática (Vespa velutina) no ano 2026.

– Actividade: selección da localización da trampa, procedemento de instalación, toma de datos, revisión e retirada das trampas, xestión da información en gabinete.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: desde a sinatura da orde de execución e ata o 31 de decembro de 2026.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de seiscentos noventa e nove mil trescentos noventa e oito euros con cinco céntimos (699.398,05 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.713E.640.1 (código de proxecto 2026 00103).

4. Resolución do 28 de abril de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a mellora de ancho en zonas puntuais de vía no Cabezal (Vilarmaior, A Coruña).

– Actividade: mellora do trazado en diversos puntos do camiño de titularidade municipal con actuacións como corrección de curva, xeración de sobreancho, mellora de intersección e reposición de paquete de firme.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medios propios ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, en cumprimento do establecido nos artigos 10, 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de setenta mil douscentos sesenta e seis euros con setenta céntimos (70.266,70 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2026 00092).

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2026

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural