DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 20 de maio de 2026 Páx. 29178

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2026 pola que se dá publicidade a varios encargos realizados ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) e á súa filial Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec).

De conformidade co artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de setembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade aos seguintes encargos a medio propio:

1. Resolución do 17 de novembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a xestión do servizo dun matadoiro móbil na Comunidade Autónoma de Galicia durante o ano 2026. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: continuación do servizo de xestión dun matadoiro móbil que dea servizo ás explotacións gandeiras e establecemento dun novo servizo aos produtores mediante a posta en funcionamento dunha sala de despezamento co obxecto de avanzar cara á posibilidade de establecer unha vía de comercialización diferenciada dos canais obtidos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de novecentos quince mil novecentos sesenta e sete euros con catorce céntimos (915.967,14 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.713C.640.1 (código de proxecto 2020 00054).

2. Resolución do 18 de novembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), o servizo de apoio á Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural na análise e procesado da información relativa á xestión dos fondos MRR asociados ao Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU durante o ano 2026. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: apoio á Secretaría Xeral Técnica no seguimento dos fondos e soporte á elaboración dos informes de xestión; soporte aos órganos executores da consellería no cumprimento dos principios transversais e seguimento dos fondos MRR; soporte á alimentación e supervisión da información nas aplicacións informáticas habilitadas para a xestión dos fondos MRR e outras tarefas de apoio vinculadas á resposta de consultas dos órganos executores e entidades externas á consellería.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de corenta mil oitocentos setenta e un euros con dezaoito céntimos (40.871,18 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.01.711A.640.1 (código de proxecto 2014 00616).

3. Resolución do 19 de novembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio na actualización do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola. Anualidade 2026. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: soporte técnico e labores de auxilio nos traballos de actualización do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento noventa e tres mil novecentos oitenta e dous euros con cincuenta e dous céntimos (193.982,52 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

4. Resolución do 19 de novembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio técnico previo en tarefas relacionadas coa avaliación de impacto ambiental, o seguimento da aplicación de lodos de depuradora e do Plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización. Anualidade 2026. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: soporte técnico previo á tramitación de expedientes de impacto ambiental, así como en tarefas de apoio no control e seguimento da aplicación de lodos de depuradora e do Plan de xestión de dexeccións gandeiras e fertilización dentro das competencias que ten atribuídas o Servizo de Sanidade e de Produción Vexetal da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de sesenta mil douscentos cincuenta e cinco euros con noventa e dous céntimos (60.255,92 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

5. Resolución do 20 de novembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio no plan de contención das pragas de corentena (Bursaphelenchus xylophilus, Trioza erytreae, Epitrix spp, Tecia solanivora e Flavescencia dourada da vide) na Comunidade Autónoma de Galicia. Anualidade 2026. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: apoio técnico nos traballos de inspección, prospección, identificación, toma de mostras e vixilancia fitosanitaria no plan de control e erradicación das pragas de corentena existentes na actualidade en Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de dous millóns douscentos vinte e un mil cincocentos dez euros con sesenta e un céntimos (2.221.510,61 €), con cargo ás aplicacións orzamentarias 15.04.712B.640.4, 15.04.713E.640.01 e 15.04.713E.640.1 (códigos de proxectos 2009 00759, 2012 00745 e 2009 00724).

6. Resolución do 27 de novembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o servizo de cría do parasitoide Tamarixia dryi para o control biolóxico da praga producida pola psila africana Trioza erytreae. Anualidade 2026. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: continuar coa produción a grande escala do parasitoide para subministrar regularmente individuos de Tamarixia para súa solta no territorio con presenza de cítricos afectados pola Trioza erytreae.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento vinte e un mil douscentos noventa e nove euros con oitenta e tres céntimos (121.299,83 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

7. Resolución do 28 de novembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encargan ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) os traballos de erradicación do nematodo (Bursaphelenchus xylophilus) na zona infestada, na zona tampón e na zona de vixilancia intensiva nas provincias de Pontevedra e Ourense para o ano 2026. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: traballos para a erradicación do nematodo do piñeiro en pés sintomáticos dando continuidade ás actuacións que se veñen realizando desde o ano 2010 na zona demarcada mediante apeo e corta de árbores, retirada de restos vexetais e aplicación de produtos fitosanitarios.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade dun millón seiscentos cincuenta e nove mil novecentos oitenta e seis euros con trinta e seis céntimos (1.659.986,36 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.713E.604.1 (código de proxecto 2012 00745).

8. Resolución do 1 de decembro de 2025, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a realización dos programas de sanidade e produción animal 2026. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: xestión dos traballos dos programas de sanidade e produción animal en Galicia durante o ano 2026. A Consellería do Medio Rural ten entre os seus obxectivos a execución e seguimento dos programas de prevención, loita, erradicación, seguimento e control de enfermidades animais, epizootias e zoonoses, e outras medidas para o establecemento de garantías sanitarias e da rastrexabilidade das producións gandeiras, así como o desenvolvemento das accións necesarias para a ordenación, fomento e control da produción e sanidade gandeira, e a xestión e correcta explotación dos rexistros e sistemas de control de datos informáticos derivados destas actuacións.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 31 de decembro de 2026.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de sete millóns cento sesenta e seis mil seiscentos sesenta e cinco euros con corenta e un céntimos (7.166.665,41 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.713E.640.1 (códigos de proxecto 2010 00977 e 2013 00713).

9. Resolución do 7 de xaneiro de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o servizo de apoio técnico na revisión e seguimento dos expedientes derivados da tramitación das axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan estratéxico da PAC 2023-2027 de Galicia. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

– Actividade: realización de actividades auxiliares de apoio no control e revisión da documentación dos expedientes derivados da orde pola que se establecen as bases reguladoras e as convocatorias das axudas para actuacións en camiños rurais no período 2026-2027 cofinanciadas polo Feader no marco do PEPAC 2023-2027 de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 24 meses.

– Financiamento: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de catrocentos dezasete mil cento dous euros con vinte céntimos (417.102,20 €) con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.640.1 (código de proxecto 2020 00079).

10. Resolución do 16 de marzo de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) o apoio nos traballos de identificación, verificación e valoración previa de danos en explotacións agrarias.

– Actividade: apoio técnico nos traballos de identificación, verificación e valoración previa de danos ocasionados polos incendios e/ou fenómenos meteorolóxicos adversos, así como seguimento administrativo dos datos obtidos en campo para a tramitación das axudas convocadas pola Orde do 29 de agosto de 2025 da Consellería do Medio Rural, para a reparación de danos causados polos incendios forestais.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: tres meses unha vez asinada a orde de execución.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de setenta e dous mil cento noventa e oito euros con noventa céntimos (72.198,90 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.04.712B.640.4 (código de proxecto 2009 00759).

11. Resolución do 8 de abril de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a instalación dunha báscula para a pesada de camións en San Xoán do Campo (Lugo).

– Actividade: instalación dun sistema completo de pesada de camións con báscula unidireccional mediante movemento de terras e pavimentación da parcela, execución dun muro de coieira e instalación da báscula, así como guías de rodadura e instalación solar para alimentación eléctrica.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: cinco meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento sesenta e catro mil novecentos noventa e dous euros con quince céntimos (164.992,15 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2026 00092).

12. Resolución do 17 de abril de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a pavimentación da estrada municipal desde a AC-542 a Cerneda (Abegondo-A Coruña).

– Actividade: mellora da estrada de titularidade municipal mediante actuacións de limpeza de cunetas, fresado, asfaltado, varrido, reparación de fochancas, rega de adherencia e sinalización horizontal.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento noventa e nove mil novecentos oitenta euros con dezasete céntimos (199.980,17 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2026 00092).

13. Resolución do 17 de abril de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a pavimentación do camiño rural de Sandomedio (Taboexa) (As Neves-Pontevedra).

– Actividade: mellora de camiño de titularidade municipal mediante actuacións de limpeza de marxes, nivelación e compactación da plataforma, rega de adherencia e asfaltado.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento noventa e seis mil oitocentos trinta euros con oitenta e sete céntimos (196.830,87 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2026 00092).

14. Resolución do 20 de abril de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a execución de obra para a mellora da accesibilidade na Oficina Rural de Sarria (Lugo).

– Actividade: execución de obra para dotar as instalacións dun ascensor que comunique todas as súas plantas favorecendo desta maneira o acceso por parte dos usuarios.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento setenta e un mil cincuenta e dous euros con cincuenta e tres céntimos (171.052,53 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.01.711A.622.1 (código de proxecto 2021 00084).

15. Resolución do 22 de abril de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a mellora do firme da estrada DP-8401 a Restande (Tordoia e Trazo-A Coruña).

– Actividade: mellora dun camiño de titularidade municipal mediante actuacións de limpeza de cunetas, reparación de fochancas e posterior asfaltado, sinalización horizontal e vertical e colocación de barreiras de seguridade.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de trescentos cincuenta e dous mil novecentos setenta e oito euros con oitenta e tres céntimos (352.978,83 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2026 00092).

16. Resolución do 23 de abril de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) o acondicionamento e mellora das vías de acceso ao Xuncal-Valcarría (Viveiro-Lugo).

– Actividade: mellora dun camiño de titularidade municipal de acceso ao Xuncal mediante o estendido dunha mestura bituminosa, tras a rega de adherencia e limpeza de superficies, canos e cunetas, reforzo do firme, revestido puntual de cunetas e sinalización horizontal e vertical.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de douscentos dezaoito mil oitocentos vinte e oito euros con trinta e nove céntimos (218.828,39 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2026 00092).

17. Resolución do 23 de abril de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a pavimentación e mellora da estrada de Grallás (Paradela e O Páramo-Lugo).

– Actividade: mellora da estrada de titularidade municipal de Grallás mediante o estendido de mestura bituminosa en quente, rega de adherencia, limpeza de superficies e cunetas e sinalización horizontal e vertical.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de cento trinta e seis mil oitocentos setenta e un euros con nove céntimos (136.871,09 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2026 00092).

18. Resolución do 23 de abril de 2026, da Consellería do Medio Rural, pola que se lle encarga ao medio propio Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa) a mellora da pavimentación da vía municipal entre Muíño da Ponte (Corzáns) e Nogueiró (Meder) (Salvaterra de Miño).

– Actividade: mellora da pavimentación dunha vía e dous ramais municipais mediante estendido de mestura bituminosa en quente tras a rega de adherencia, apertura de cunetas e limpeza de marxes e sinalización horizontal e vertical.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encargo a medio propio ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsa), a consideración de medio propio instrumental e de servizo técnico da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, segundo o establecido na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

– Prazo de vixencia: 6 meses.

– Importe: tramítase con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026; o orzamento de execución ascende á cantidade de noventa e oito mil douscentos vinte e dous euros con oitenta céntimos (98.222,80 €), con cargo á aplicación orzamentaria 15.06.551A.604.1 (código de proxecto 2026 00092).

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2026

María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural