Co obxecto de ampliar a oferta de ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2026/27, na Comunidade Autónoma de Galicia, esta dirección xeral de Formación Profesional resolve anunciar:
Primeiro. Que na páxina web da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional www.edu.xunta.gal estará dispoñible a regulación e a convocatoria dirixida aos centros para participar nas ensinanzas de formación profesional plurilingües para o curso 2026/27.
Segundo. Que o prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia ata o 19 de xuño de 2026.
Terceiro. Que os centros deberán cubrir a solicitude que figura como anexo I da convocatoria e dirixila á Dirección Xeral de Formación Profesional da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2026
María Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional
