DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 20 de maio de 2026 Páx. 29105

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 10 de agosto de 2020 pola que se fai pública a aprobación definitiva da modificación número 1 do proxecto sectorial do Parque de actividades económicas de Arteixo, aprobada mediante o Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de xuño de 2020.

Advertidos erros na citada resolución, publicada no DOG núm. 168, do xoves 20 de agosto de 2020, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 33102, no artigo 4.5.7. Recuamentos e distancia entre os edificios, onde di:

«As distancias a límites de parcelas serán as seguintes:

– As liñas de fachada, tanto para instalacións loxísticas ou industriais con atracada para vehículos pesados como en módulos de testeiros de oficinas ou fachadas sen atracada, terán un recuamento mínimo de 10 m respecto das aliñacións.

– Os lindeiros frontais que delimitan coas vías de bordo en parcelas e plataformas con capacidade para configurar a fachada do parque terán un recuamento mínimo de 10 m respecto das aliñacións».

Debe dicir:

«As distancias a límites de parcelas serán as seguintes:

– As liñas de fachada, tanto para instalacións loxísticas ou industriais con atracada para vehículos pesados como en módulos de testeiros de oficinas ou fachadas sen atracada, terán un recuamento mínimo de 5 m respecto das aliñacións.

– Os lindeiros frontais que delimitan coas vías de bordo, en parcelas e plataformas con capacidade para configurar a fachada do parque terán un recuamento mínimo de 5 m respecto das aliñacións».